A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña convoca o I Certame de Logotipo das Galletas Mariñas. O prazo de presentación de traballos remata o 30 de abril.

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña convoca o I Certame de Logotipo das Galletas Mariñas  para crear a imaxe do novo produto elaborado ao abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.

As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook, Instagram e páxina web da entidade. 

O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23:59 horas para entregar os seus traballos.