A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o Día de Rosalía o 22 de febreiro. Haberá caldo de gloria, charla e lectura.

A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o Día de Rosalía o vindeiro 22 de febreiro no café bar cultural A Sacabeira.

A partir das 12:30 horas haberá unha degustación do caldo de gloria. Ás 18:00 horas a escritora Eli Ríos dará unha charla titulada "Todas as escritoras somos fillas de Rosalía de Castro?".

Para  rematar o acto, a organización convida a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.