Rosalía

21/02/2017

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, presentou este martes os agasallos que o Goberno da Deputación vai a entregar o vindeiro venres aos visitantes dos 4 museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María, con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

García Porto subliñou que “Rosalía de Castro foi un exemplo de liberdade para todas as mulleres e un referente de compromiso coa identidade, a cultura, e a lingua galega. Dende o Goberno da Deputación queremos homenaxear a unha das artistas máis importantes da nosa historia que foi, é e será, un símbolo para o pobo galego”.

En total entregaranse 250 láminas, co poema Adiós ríos, adiós fontes da artista galega,e unha rosa. A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López...

leer más
Etiquetas:
20/02/2017

A Concellería de Cultura celebrará mañá un acto conmemorativo polo 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ás 12:00 horas colgará unha pancarta alusiva á escritora, que permanecerá toda a semana na fachada do Consistorio.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “mañana, aquí en el Concello, vamos a colgar la pancarta que tenemos preparada para celebrar la semana del 180 aniversario del nacimiento de una de las poetas y escritoras referente de la literatura gallega, no sólo por la parte literaria sino también por lo que representa Rosalía para Galicia”.

O edil socialista lembrou que “ya el año pasado hicimos un homenaje similar y mañana, a las doce de la mañana, colgaremos en la fachada del Concello esa pancarta en recuerdo de Rosalía con  uno de sus poemas más conocidos y universales, además...

leer más
Etiquetas:
23/02/2016
Ribadeo lembrará a Rosalía de Castro cun recital poético, cunha representación teatral e con música. Os actos, organizados polo Concello, terán lugar do 25 ao 27 de febreiro.
 
O edil de Cultura, Farruco Graña, contou que “este mércores, 24 de febreiro, celebramos o 179 aniversario do nacemento da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro. Ao longo desta semana, celebraremos varios actos para conmemorar dito aniversario. E imos comezar cun recital poético a cargo de Xavier R. Baixeras, dedicado a Rosalía: Lecturas rosalianas. Será na Casa das Letras, o 25 de febreiro, ás 20:30 horas. Tal e como xa temos gozado moitas veces da literatura da man do Clube de Lectura da A. C. Francisco Lanza, e tamén dos versos de Rosalía, da man do noso poeta e amigo Xavier, nesta ocasión, unha vez máis, a Casa das Letras vai dar acollida aos versos da poeta do Sar”.
 
O concelleiro nacionalista explicou que “xa o sábado 27...
leer más
Etiquetas:
22/02/2016
O Concello de Burela homenaxeará a Rosalía de Castro o 24 de febreiro cunha charla, coa interpretación de dúas pezas musicais e coa proxección dun documental.
 
O Concello renderalle homenaxe a Rosalía de Castro o vindeiro mércores, 24 de febreiro, con diversos actos como unha charla, a interpretación de dúas pezas musicais e a proxección dun documental. 
 
José Díaz relatou que “para este miércoles, 24 de febrero, tenemos programados una serie de actos para conmemorar el nacimiento de Rosalía de Castro, que nació el 24 de febrero de 1837 en Santiago y son varios los ayuntamientos que se suman a hacer ese homenaje, creo que muy merecido, a una escritora que marca un antes y un después en las letras gallegas, sobre todo a la hora de la recuperación del gallego como un idioma al que hacer caso, que estuvo sumido en un ostracismo injusto durante siglos y ella fue la principal artífice de que se...
leer más
Etiquetas:
20/02/2015
Burela continuará rendéndolle homenaxe a Rosalía de Castro os vindeiros días con diversas actividades nos centros de ensino, con lecturas de versos e con bailes tradicionais.
 
As concelleiras de Muller e Igualdade e Cultura, Diana Durán e Mónica Pedre, explican que “continuando coa actuación iniciada polo Concello o pasado 30 de xaneiro coa actividade Que bela te deu Deus!, espectáculo de baladas galegas interpretadas pola soprano Esperanza Iglesias Méndez e polo pianista Aurelio Chao Fernández, o vindeiro luns, 23 de febreiro, seguiremos rendéndolle homenaxe a Rosalía de Castro e contaremos coa presencia de María Reimóndez, traductora e escritora galega, que cultiva tanto a narrativa e a poesía como o ensaio e o teatro. Ven a Burela a presentar un dos seus libros: Lía e as zapatillas de deporte, co que se acadan dous obxectivos: traballar a non discriminación entre a xente máis nova e como muller galega e escritora, renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, promovendo, deste xeito, a...
leer más
Etiquetas:
29/01/2015
A Casa da Cultura de Burela acollerá un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, este venres, 30 de xaneiro.

 

O Concello de Burela organiza este venres, 30 de xaneiro, un acto para celebrar o aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Está organizado polas Concellerías de Cultura e Muller e dará comezo ás 20:30 horas. A Casa da Cultura acollerá o venres o acto Que bela te deu deus!, co que o Concello quere renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, "que aglutina na súa persoa tres características salientables: muller, poetisa e novelista, que escribiu tanto en galgo coma en castelá nunha época, no século XIX, na que non resultaba nada fácil ser muller e moito menos escribir en galego. Por iso, consideramos que esta muller, loitadora e valente, merece a nosa lembranza", explicaron Mónica Pedre e Diana Durán.

A soprano Esperanza Iglesias Méndez e Aurelio Chao Fernández ao...

leer más