A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá do 8 de decembro ao 8 de xaneiro unha impresionante mostra fotográfica de Anxo Cao

Azores Somerxida é o título da colección composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do concello de Cervo.

A inauguración da mostra será o próximo venres, 8 de decembro, cunha charla do propio autor no auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:00 horas. 

As persoas asistentes poderán coñecer de preto o trasfondo desta exposición concibida nas illas Azores, froito de moitos meses de traballo no mar, nos que Cao conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio.

A mostra poderase visitar ata o 8 de xaneiro de 2024.