Ata o 28 de febreiro pódese visitar no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, unha exposición en homenaxe ao poeta Carlos Oroza

Os actos, que xa deron comezo onte, seguirán en xornadas sucesivas coa presentación da biografía inédita na que leva traballando durante 5 anos o autor Antonio M. Chaves.

Tamén se realizarán Talleres Literarios, unha reunión para a creación dun Club de Lectura en RegalXunqueira, que dispón de  22.000 libros na súa biblioteca, unha xornada de recitais sobre Carlos Oroza e  unha viaxe á exposición recentemente inaugurada sobre Carlos Oroza no Museo de Vigo, na que se encontra obra de diversos artista entre as cales, está unha cerámica de Otero Regal.

Nestas mesmas xornadas entregaranse os Premios Os Aventados, que se viñan facendo en San Cibrao durante unha cena e que nesta ocasión se celebrará no  Salón de Actos do Complexo RegalXunqueira.

E tamén terá lugar a inauguración dunha exposición de varios autores, no Souto das Esculturas nos xardíns de RegalXunqueira.

E por último dentro desta exposición, que se prolongará ata finais de febreiro, colocarase por fin despois dun montón de anos aprobado polo pleno do Concello de Viveiro,  a placa da rúa dedicada a Carlos Oroza.