Cason

Etiquetas:
24/02/2015
O libro "As inxustizas do Casón" preséntase este xoves, 26 de febreiro, na Librería Bahía, de Foz. Será ás oito e media da tarde.
 
Este xoves, 26 de febreiro, ás oito e media da tarde, preséntase en Librería Bahía, de Foz, o libro “As inxustizas do Casón”.
Participan no acto a autora, Tamara García, o profesor Bernardo Penabade e Manuel Carreira.
A historia do Casón, o buque que percorreu as costas de Galicia coa súa carga tóxica e acabou provocando unha enorme crise na Alúmina-Aluminio e por extensión, en toda a Mariña e que custou o seu posto de traballo aos membros do comité de empresa daquel momento, é percorrida por Tamara García, con abondosas probas documentais e testemuñas de protagonistas da súa historia.