A Escola de Arroxo, en Lourenzá, expón unha mostra de xilografías de Luís Seoane do 24 ao 31 de xaneiro

A Escola de Arroxo-Biblioteca Maravilhas, no municipio de Lourenzá, exporá unha mostra de xilografías de Luís Seoane do 24 ao 31 de xaneiro para conmemorar o nacemento de Maruja Seoane.

A inauguración da exposición está programada para este mércores, día 24, ás 19:00 horas.
Para máis información as persoas interesada poden contactar coa organización desta actividade por WhatsApp co teléfono 638.41.85.45.