Mostra
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título “Encontro coa arte” que se inaugura este mesmo mes de decembro da man da artesá Ana Ares, cunha mostra de traballos a ganchillo, que incluirá a realización de traballos en directo durante a visita.
O rexedor, Alfonso Villares, e as edís de Cultura e Muller e Igualdade, Dolores García Caramés e Pilar Armada, respectivamente, achegáronse esta mañá ata a Casa da Cultura e puideron ver en primeira persoa o talento desta artesá e todo o que é quen de facer coas súas propias mans “desde roupa infantil, de adultos, todo tipo de complementos…”
Tal e como lles explicou Ares, “para ela a artesanía non é unha profesión, senón máis ben unha afección que lle apaixona dende nena gracias ás ensinanzas da súa avoa, que...
leer másDo 5 ao 30 de decembro poderase visitar na Sala de Arte da Casa da Cultura, en Burela, "Creaturas", unha exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas.
Trátase dunha mostra de variados motivos na que se poden atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona.
A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia.
Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela.
A inauguración terá lugar o 5 de decembro ás 18:00 horas.
A Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicativos do seu funcionamento como un percorrido polo pasado comercial de Ribadeo.
O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, lembra que “dende mediados do século XIX, Ribadeo foi un punto estratéxico para a actividade comercial, fortaleza que perdura ata o día de hoxe e aínda que os tempos cambiaron, a importancia do comercio na nosa vila é indiscutible, ata o punto de chegar a contar cunha moeda propia, a Pancha”.
O edil ribadense sinala que “se durante estes días paseamos polas principais rúas comerciais, en concreto por Rodríguez Murias, atoparémonos cunha exposición, que se divide en dúas partes e que está dedicada á nosa moeda, onde se amosa como e cando...
leer másA exposición “Galiza un país de festas. Ritos e festivos singulares”, incluída no programa de Exposicións Itinerantes da Rede Museística do Museo de Lugo, estará en novembro en Foz.
A Concellería de Patrimonio celebra así o Día Internacional do Patrimonio Mundial que se conmemora o 16 de Novembro. Trátase de poñer en valor neste caso o patrimonio inmaterial recollido nun Proxecto de salvagarda que durante os últimos anos levou a cabo a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Principiou no ano 2007 baixo a coordinación da Asociación Lugo Patrimonio, co obxectivo de dinamizar e consolidar seis ritos festivos singulares do sur da provincia de Lugo, e de conservar e revitalizar os seus espazos xeográficos, castigados polo grave despoboamento.
Dende o principio, colaboraron activamente as asociación...
leer másOnte foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, as edís de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e o autor das instantáneas, Xurxo Lobato; ademais de membros da asociación Airiños do Xunco, a quen desde o Concello lle agradecen a cesión do local municipal, pero que está xestionado por esta entidade.
A exposición recolle 40 fotografías de gran formato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A actividade forma parte do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e está promovida pola Fundación Carlos Casares, coa colaboración do Concello de Cervo.
Ata o 4 de setembro pódese visitar na rúa San Roque, de Ribadeo, a exposición Os nosos océanos, de Afundación. A mostra foi inaugurada este mediodía. Ao acto asistiron as concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Pilar Otero e Mónica Freire, xunto ao alcalde en funcións, Pablo Vizoso, así como a responsable de Relacións Institucionais en Ourense e Lugo de Afundación, Obra Social de Abanca, Beatriz Fernández, e representantes da entidade bancaria en Ribadeo e na Mariña.
O rexedor declarou: “estamos moi agradecidos á obra social de Abanca por traer esta exposición fotográfica de carácter itinerante, que vai estar dispoñible ata o 4 de setembro para o disfrute de todos os ribadenses e de todas as persoas que teñan a ben visitarnos. É unha mostra que trata sobre a riqueza mariña, sobre a conservación dos nosos mares e océanos e que mostra...
leer másO salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro acolle ata o día 31 de agosto unha exposición de homenaxe a Luis Cebreiro polo centenario do naufraxio do ‘Santa Isabel’.
Nun acto celebrado no Teatro Pastor Díaz antes da inauguración da mostra, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “Luis Cebreiro, nado en Ferrol pero vivariense de adopción, é sen dúbida un dos persoeiros da nosa vila no século XX”.
“Benefactor, héroe da Marina, impulsor dos estudios marítimos e do servizo de salvamento marítimo, foi o marino mercante máis condecorado do século pasado; pero máis aló da súa traxectoria profesional, Luis Cebreiro será sempre lembrado pola súa forma de ser, deixou unha fonda pegada en todos aqueles que tiveron a sorte de coñecelo”, engadiu.
A exposición, comisariada por...
leer másO deputado Efrén Castro, o tenente alcalde de Foz Xavier Fanego, a concelleira de Mocidade de Foz Gema Méndez e o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira inauguraron este mediodía a mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa Rosalía”, que se poderá ver na Praza de Galicia ata o vindeiro 22 de agosto.
A exposición, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, celebra o medio século da apertura como museo da Casa da Matanza de Padrón, onde a escritora pasou os últimos anos da súa vida, en xullo de 1971, como resultado dun esforzo colectivo que implicou milleiros de persoas e institucións do país e da emigración en pleno franquismo.
"Un esforzo colectivo que uniu a todas e todos os galegos hai cincuenta anos e que nos debe seguir unindo" expuxo o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo...
leer másDo 8 ao 29 de agosto pódese visitar na Casa da Cultura en San Ciprián unha mostra pictórica de Blanca Dacal. Denomínase Luz de Balea.
Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá de 9:00 a 14:30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal)
Trátase dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado á historia de San Ciprián!
En palabras de Blanca Dacal: “Con Luz da Balea pretendo rescatar a presenza das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación”.












