Mostra

Etiquetas:
17/11/2021

A exposición fotográfica Express-Arte estará na Casa da Cultura de Burela ata o 29 de novembro en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Esta mostra foi creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e forma parte das actuacións enmarcadas na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero da que forma parte o Concello de Burela.

Etiquetas:
12/11/2021

Despois de moitos meses aletargados por mor da situación sanitaria, a Sociedade Cultural Ledicia retoma pouco a pouco a actividade achegando ata Burela unha exposición  sobre o traxe tradicional denominada Vestimenta nas Terras de Lugo.

A exposición é froito do traballo do Obradoiro Traxandaina de Lugo, e amosará unha ampla colección de pezas da vestimenta de "dominguear" da nosa provincia  de finais do século XIX e comezos do XX. Son pezas orixinais recollidas en distintos concellos e traballos de reprodución extremadamente coidadosos. 

A inauguración terá lugar o domingo, 14 de novembro, ás 18:00 horas, e contará cunha explicación detallada das pezas a cargo do propio obradoiro. Posteriormente poderá visitarse na Casa da Cultura de Burela ata o 19 de novembro pola mañá de 11 a 13 horas, e pola tarde de 17 a 20...

leer más
Etiquetas:
26/10/2021

Ata o 8 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición “Os viquingos de Playmobil desembarcan en Ribadeo”, que está composta por máis de 2.000 pezas que recrean a chegada dos viquingos e dos normandos ás costas galegas. Hai unha ambientación da praia das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, anima a achegarse á mostra e subliña que o Concello cos Coles promoverá visitas guiadas dos centros ao longo das vindeiras semanas. 

Xabier Bermúdez Salgueiro, da asociación Aesclicks, contou que “esta exposición trata de recrear o que foron as incursións normandas ou viquingas nas costas galegas. Entón quixemos ambientala precisamente en Ribadeo recreando a praia das Catedrais e a partir de aí un desembarco destes pobos nórdicos, que o que facían era arrasar, facer pillaxe e levar todo o que podían das zonas de conquista. Ao mesmo tempo...

leer más
Etiquetas:
21/10/2021

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro. 

Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural  “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.

A inauguración está programada para este domingo ás 13:00 horas e a mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.

Está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.

Etiquetas:
30/09/2021

Mañá, venres 1 de outubro, dá comezo a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.

Este venres o grupo de teatro Axouxeres, de Vilaronte-Foz, representará a obra Cousas de Mulleres.

O sábado, 2 de outubro, o grupo O Torques, de Burela, presentará O Randiña.

E o domingo 3 de outubro, Farándula Velutina, de Corcubión, porá en escena A derradeira bala.

Todas as representacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

A cita enmárcase na programación cultural do Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
25/09/2021

A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Benestar Social, informa de que os Xardíns Noriega Varela acollen ata finais de outubro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’. Esta exposición está promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Viveiro. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

A exposición, que se estreou polo 70º...

leer más
Etiquetas:
16/09/2021

A finais do pasado mes de agosto foi presentado na igrexa de Santa María a Real do Cebreiro o novo proxecto do Colectivo Egeria, a mostra itinerante "NO CAMIÑO", que co subtítulo "As imaxes que viron os peregrinos" recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte. A mostra conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e nas vindeiras semanas percorrerá os Camiños de Santiago pola nosa provincia. No acto inaugural participaron o párroco de Santa María a Real do Cebreiro, Francisco Miramontes, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

No Camiño: Señores da luz, Señores da palabra
Son SEÑORES DA LUZ os que, aínda agora pero especialmente en tempos...

leer más
Etiquetas:
15/09/2021

O vindeiro venres, 17 de setembro, ás sete da tarde será inaugurada na Oficina de Turismo a exposición O porto de Ribadeo.Testemuñas do pasado na que se poderán ver preto de 200 pezas localizadas na campaña arqueolóxica realizada no Galeón de Ribadeo e no antigo fondeadoiro portuario. A mostra permitirá demostrar a presenza continuada de navegantes e de buques na ría desde o século V antes de Cristo ata os nosos días e amosar a riqueza histórica do leito mariño ribadense. A exposición, que está organizada polo Concello de Ribadeo, foi presentada polo alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o comisario da mostra, Miguel San Claudio. 

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “estamos moi orgullosos e moi ilusionados de que, por primeira vez na historia, imos poder facer unha exposición con obxectos reais, máis aló...

leer más
Etiquetas:
14/09/2021

Este xoves, 16 de setembro, no Castelo de Castro de Ouro, poderase visitar a exposición Kinético de Xirapaus, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Está organizada en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. En horario de mañá acudirá o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz.

Xirapaus é un proxecto de...

leer más
Etiquetas:
04/09/2021

Foz ten unha histórica relación co mar, de aí que fose unha parada relevante na itinerancia de “InventioMundi”, un proxecto expositivodo Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboraciónda Secretaría Xeral de Emigración. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,e o alcalde de Foz, FranCajoto, foron os encargados de inaugurar esta mostra que relata unha parte da historia da navegación marítima galega e que comeza co comercio coas Illas Molucas. A mostra, instalada noCentro de Interpretación da Mariña (CENIMA) de Foz, pode verse ata o vindeiro 15 de outubro.

Unha das primeiras noticias documentadas que se rexistran no porto de Foz é do ano 1634 cando o cartógrafo portugués Pedro Teixeira fala deste porto sito a tres leguas de Ribadeo no seu libroDescripción de España y de las costas y...

leer más