Viveiro acolle ata o 27 de xullo a mostra itinerante sobre a inserción laboral das persoas con discapacidade que impulsa a Deputación de Lugo.

A Deputación de Lugo inaugurou este mércores na Sala Multiusos de Viveiro a mostra sobre a inserción laboral das persoas con discapacidadeCegasal, unha asociación de persoas para as persoas. Esta exposición itinerante, impulsada pola institución provincial en colaboración coa Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), conta con 24 fotografías realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, Alcaldesa de Viveiro e tamén Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, foron os encargados de inaugurar a mostra.

García Pernas destacou a importancia de iniciativas coma esta que “dean visibilidade e poñan en valor o traballo que levan a cabo as persoas con discapacidade nas empresas e o papel das propias empresas, un aspecto moi importante para lograr a súa inclusión plena, en igualdade de condicións, a nivel social e laboral”. 

A Sala Multiusos de Viveiro acollerá ata o vindeiro mércores,27 de xullo, esta exposición,que xa estivo instaladaen Vilalba e queparará taménnos concellos de Monforte de Lemos, Sarria, Foz e Lugo ata o mes de setembro. Coincidindo coa última parada da colección, que terá lugar no Pazo de San Marcos, haberá unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego que será aberta á cidadanía.

“Esta colaboración forma parte da nosa aposta polas políticas sociais, que son xa unha sinal de identidade da Deputación de Lugo. O noso compromiso neste sentido, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo, 34M€, a este tipo de accións”, valorou o Deputado de Participación Cidadá.

Roberto García Pernas animou á veciñanza a visitar a exposición, que demostra que “estes traballadores e traballadoras son un exemplo claro de que é posible promover unha cultura empresarial que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico”.

Cegasal
Cegasal é unha organización que se constituíu en Galicia en 1997 co obxectivo de fomentar o emprego de calidade para as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social. Agora mesmo, a entidade conta con 35 centros especiais de emprego asociados, isto é, empresas de titularidade privada nas que polo menos o 70% do cadro de persoal está conformado por traballadores e traballadoras con discapacidade. No seu conxunto facturan uns 44M€ anuais.

Na provincia de Lugo, Cegasal conta con dous centros especiais de emprego, Grafinco e Produtores de Carne da Ribeira Sacra, que dan emprego a preto dunha vintena de persoas con capacidades diferentes.