Ría

Etiquetas:
01/07/2022

Hoxe presentouse a LX Travesía Ría de Foz, que se celebrará mañá sábado, 2 de xullo, a partir das 17:30h.

Na presentación participaron Xoel García Neira, 8º clasificado en K1 200m e Iago García Martínez, campión en K4 500m nos europeos celebrados a pasada semana en Belgrado. 

O tenente alcalde, Fco. Javier Fanego, e o concelleiro Iago Villamil, agasallaron a estes grandes deportistas focegos cun pequeno obsequio e animáronos a continuar coa súa fenomenal traxectoria, admirada por todas/os. Tamén lle agradeceron a Ignacio Romillo, presidente do Club Kayak de Foz, o gran traballo que realizan durante todo o ano coa mocidade e a coidada organización da lonxeva Travesía Ría de Foz.

Mañá sábado Foz poderá gozar do piragüismo a partir das 17:30 horas nunha ría que se encherá con case 300...

leer más
Etiquetas:
02/08/2019

Do 3 ao 18 de agosto estará aberta no Forte de San Damián a exposición Ribadeo, o que a ría esconde. Trátase dunha mostra de 50 fotografías dos restos arqueolóxicos localizados polo Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha. Mañá, sábado, pola tarde será a inauguración. Haberá antes unha charla, a proxección dun documental e unha visita guiada. Colaboran coa organización da exposición, que foi presentada hoxe, o Concello de Ribadeo e Acisa. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, manifestou que “presentamos a exposición de fotografía submarina Ribadeo, o que a ría esconde, que vai ocupar as salas do Forte San Damián ata o 18 de agosto e que mañá, sábado, inauguraremos ás seis e media da tarde. Como dicimos, a exposición dura ata o 18 deste mes de agosto, mais recomendamos a asistencia á charla que mañá, antes da inauguración, ás 17.30,...

leer más
Etiquetas:
11/02/2017

O Concello ribadense organiza unha xornada para redescubrir a Ría de Ribadeo con motivo da celebración do Día Internacional dos Humidais. Será o vindeiro 18 de febreiro. 

“Este ano co gallo do Día Internacional do Humidais o Concello de Ribadeo en colaboración con Enrique Sampedro, administrador do blog Ría de Ribadeo, e Óscar Chao, administrador da páxina de facebook Aves e Natureza de Ribadeo, celebra de novo esta efeméride. Así o vindeiro sábado, 18 de febreiro, invitámoste a redescubrir a Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera. É na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”, explican desde o Concello.

... leer más
Etiquetas:
05/02/2015
Maremasma organiza una ruta de naturaleza y avistamiento de aves. Será este sábado, 7 de febrero, en la ría de Foz.
 
El pasado lunes, 2 de Febrero, se celebró, como cada año, el día mundial de los humedales, una fecha en la que se ponen en primer plano estos ecosistemas y los problemas en cuanto a su uso y conservación.
Conmemorando este día desde Maremasma proponen que “nos acompañéis el próximo sábado, 7 de Febrero, en una Ruta de naturaleza, interpretación y avistamiento de aves en la ría de Foz. Una jornada en la que colaboramos con varias organizaciones y colectivos locales con el fin de acercar al público general a conocer la gran biodiversidad de fauna y flora de la Ría de Foz en una jornada al aire libre. De esta forma se amplía la oferta de actividades para ese fin de semana en la comarca de A Mariña, en donde Foz, Barreiros y Ribadeo celebrarán el sábado una jornada de...
leer más