Inclusión

Etiquetas:
02/12/2023

Ata o 15 de decembro está aberto o prazo de inscrición na I Marcha Interxeneracional San Silvestre, que organiza o CAMP A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. 

O percorrido irá dende a Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España. Trátase dunha actividade deseñada para todas as persoas incidindo en que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá. Todas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a poñerse nos zapatos das persoas con capacidades diferentes. 

A edil de Benestar Social, Elena Sierra, anima a participar: “desde o Concello facemos unha chamada á participación de nenas e nenos, avoas, avós, con bastón, con muleta, con andador, en cadeira de rodas... é un...

leer más
Etiquetas:
20/07/2022

A Deputación de Lugo inaugurou este mércores na Sala Multiusos de Viveiro a mostra sobre a inserción laboral das persoas con discapacidadeCegasal, unha asociación de persoas para as persoas. Esta exposición itinerante, impulsada pola institución provincial en colaboración coa Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), conta con 24 fotografías realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, Alcaldesa de Viveiro e tamén Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, foron os encargados de inaugurar a mostra.

García Pernas destacou a importancia de iniciativas coma esta que “dean visibilidade e poñan en valor o traballo que levan a cabo as persoas con...

leer más