Mostra

Etiquetas:
16/11/2020

Desde hoxe e ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición promovida polo colectivo Egeria "Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi", na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, en Lugo, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.

A exposición, composta de 12 paneis, ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois ao longo deste ano en vilas de toda a provincia. A Ribadeo chegou procedente de A Fonsagrada e desde aquí partirá para Triacastela. 

Ao acto de inauguración asistiron o presidente de Egeria, Xulio Xiz; Margarita Cela Carvalho, unha das netas de Carvalho Calero que traballa en...

leer más
Etiquetas:
03/09/2020

Que mellor lugar que a contorna da Carpintería de Ribeira de Paco Fra, para albergar esta mostra bautizada como “O Patrimonio Marítimo de Galicia”, de Dionísio Pereira, producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

13 paneis que te convidamos a descubrir estes días a través dos que poderás mergullarte na nosa historia e no noso patrimonio, tradicionalmente tan vencellado ao mar.

Descrición:
Ao longo dos tempos, en todo o litoral de Galicia téñense desenvolvido actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar. Para pescar, transportar e, logo conservar, foi preciso construír barcos e despois portos para protexelos, así como edificios axeitados para transformar o peixe. Tamén, houbo que concebir aparellos, útiles de traballo e técnicas singulares, axeitados a cada costa e ás...

leer más
Etiquetas:
10/08/2020

A Concellaría de Cultura colabora na organización dunha mostra pictórica de Carmela Villa Río que se inaugurará mañá, 11 de agosto, na sala de exposicións do parque de San Francisco.

O acto dará comezo ás 19:30 horas e posteriormente servirase un viño entre os asistentes.

A exposición, titulada Outra Mirada, permanecerá aberta na sala de exposicións do parque San Francisco ata o mércores da vindeira semana, 19 de agosto. O horario de visitas será de 18:00 a 21:00 horas.

 

Etiquetas:
23/05/2020

La asociación Bágoas da Terra, organizadora de la Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, conjuntamente con la alcaldesa María Loureiro, anunciaron su decisión de aplazar a 2021 la XLII edición de este evento que estaba previsto celebrar del 5 al 10 de agosto de 2020.

Este colectivo comunica que no fue fácil decidir este aplazamiento, pero cree que en estos momentos la situación económica y sanitaria que estamos viviendo a causa del Covid-19 hace que sea lo más prudente.

La asociación viveirense dice que, cuando todo esto pase, retomará la iniciativa con más fuerza e ilusión si cabe y celebrará la XLII edición de la Mostra en 2021, a la vez que recuerda que el evento se viene realizando ininterrumpidamente desde 1979. Bágoas da Terra concluye su comunicado asegurando que volverán a llenar las calles de Viveiro...

leer más
Etiquetas:
02/02/2020

A Concellaría de Igualdade organiza unha exposición de mulleres relevantes da historia, titulada Eu quero ser coma… A mostra conta coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza e o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Esta exposición de retratos presenta mulleres que sobresaíron en diferentes campos, como a música, a ciencia ou o deporte, entre outros. As obras foron pintadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de educación plástica, visual e audiovisual.

Algúns dos rostros femininos que podemos atopar son os de Gloria Fuertes, Edurne Pasabán, Patti Smith, Violeta Parra, e outros da vila ribadense como Ana María Ferradás, Manuela Barreiro (nacida en Viveiro e criada en Ribadeo) e Meniñas da Saúdade.

A mostra estará exposta ao público na Escola de...

leer más
Etiquetas:
23/12/2019

Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a mostra "Basuraleza", de Emilio Pascual Méndez.

A exposición está conformada por 15 pezas elaboradas con restos que o autor atopou e recolleu en contornas naturais, reconverténdoos en obras pictóricas, para concienciar sobre a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, e sobre todo de ser máis respectuosos co medio.

A mostra está aberta de luns a venres en horario de 9 a 14:30 horas e de 16 a 20 horas. 

22/12/2019

A Rede Museística Provincial inaugurou o ciclo “Culturas en diálogo - Somos migrantes, abrimos camiños”, un programa de actividades que reflexiona sobre a pegada económica, social e cultural dos movementos migratorios a través de exposicións, relatorios, proxeccións e obradoiros que se desenvolverán ata o vindeiro 12 de xaneiro nos catro museos provinciais e noutros espazos culturais.

O Museo Provincial de Lugo abriu o programa coa inauguración da mostra fotográfica “Diálogo Azul”  e a proxección das pezas documentais “Microhistorias de ida e volta” cos testemuños de mulleres que viviron en primeira persoa experiencias migratorias, recollidas pola Asociación de Rioplatenses en Lugo.

No marco deste ciclo cultural, coincidindo co Día Mundial das Migracións -18 de decembro-, abriuse nas antigas escolas habaneras de...

leer más
Etiquetas:
12/11/2019

A sala da Oficina de Turismo do Concello de Ribadeo acolle desde hoxe, 12 de novembro, ata o vindeiro 26 deste mes, a mostra titulada A Mariña Somerxida.

Esta exposición presenta fotografías orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo, que amosan o patrimonio natural descoñecido pola mayoría, e pon en valor a biodiversidade somerxida. Nesas instantáneas aparece o mar como recurso, como forma de vida e como parte da nosa cultura mariñeira. A mostra pretende ademais ser un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas polo que é especialmente recomendable para o alumnado.

A Mariña Somerxida mostra fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández. Promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, esta organizada por Maremasma.

A exposición pode visitarse, de luns a...

leer más
Etiquetas:
02/10/2019

Do 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a XVII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada esta tarde pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e pola viúva do dramaturgo, Matilde González. Trátase dunha edición especial porque o seu inicio coincide co décimo aniversario do pasamento de Cortezón. Ata Ribadeo chegarán grupos teatrais de Castro de Rei, Palas de Rei e Vedra.

A edil ribadense dixo que “esta edición ten un carácter especial pois precisamente o día 4 de outubro hai 10 anos do pasamento do autor que homenaxeamos cada ano con esta Mostra. Estamos convencidos de que compartimos co autor de Xelmirez ou A gloria de Compostela a idea do  teatro afeccionado como un piar fundamental daquel outro para o que el escribiu. En cada programa da Mostra tentamos mesturar tipos de público, tipoloxía dos textos e mesmo...

leer más
Etiquetas:
05/09/2019

A Casa da Cultura de Burela acolle este venres, 6 de setembro, a inauguración da mostra de pintura de Carmen Prado titulada Novos Personaxes.

A forma e a composición son a tarxeta de presentación de Carmen Prado, pero tamén as súas aterciopeladas mesturas de cor xunto coas súas liñas suaves e sinuosas. A súa pintura é fresca e colorista, chea de ideas e sentimentos.

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, e de expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotidiano.

A exposición poderá visitarse ata o 27 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas e 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres.