Mostra
A Deputada de Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llaño García, inauguraron a mostra itinerante, A colección de ourivaría Antiga do Museo Provincial de Lugo, que estará exposta ata o 30 de xullo na Casa da Cultura do Concello de Burela, coincidindo coa Festa Castrexa que se celebra os días 14, 15 e 16 de xullo en dito municipio mariñán.
García Bermúdez destacou que “no ano 2015 a colección de ourivaría de Álvaro Gil Varela foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, e con motivo desta importante distinción, dende o Goberno da Deputación,poñémos en valor a riqueza patrimonial galega e os fondos dos nosos museos, ao tempo que contribuímos cunha actividade lúdico-culturalá programación da VI edición da Festa Castrexa de Burela”.
A mostra propón unha visión...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da III edición da Feira e Mostra de Artesanía e Agroalimentación que se celebrará no barrio dos Muíños de Mondoñedo o sábado 24 de xuño.
No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e unha nutrida representación dos distintos artesáns que participarán neste evento.
De feito a Feira aspira a converterse nun punto de referencia da artesanía da Mariña lucense, para o que ademais aproveita un espazo –o tradicional barrio dos Muíños da cidade episcopal- que servirá de escenario ideal para que artesáns e agricultores amosen os seus produtos, poñan en valor e conciencien sobre a importancia de conservar estes oficios e os produtos locais máis tradicionais.
... leer más










