Mondoñedo musealiza a obra e vida de Leiras Pulpeiro. O auditorio acolle unha mostra sobre esta figura literaria.

O Concello de Mondoñedo musealiza a obra e vida de Leiras Pulpeiro. Tal é así que hoxe o auditorio acolle unha exposición sobre esta figura literaria, composta dun espazo inicial instagrameable que recorda a un rincón dun salón burgués do cambio do século. Ao acto de inauguración asistiron distintos membros da familia do autor, ademais da súa neta e bisneta.

Tamén se pode ver ao poeta nas súas diferentes facetas, como doutor e home próximo ao seu tempo, achegándonos na primeira vitrina aos cambios que no momento da súa vida estaban a suceder no mundo como a electricidade e o teléfono. Outra opción que ofrece a exposición é observalo na súa condición de escritor tanto coa súa produción en vida, como en todo o efecto que causaría nos seus coetáneos logo do seu pasamento e durante as seguintes décadas ata a actualidade.

Este proxecto, que hoxe vei a luz, foi posible grazas á implicación do Grupo Leiras e varios investigadores. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende por en valor a historia de Mondoñedo e dinamizar a cidade ao redor do gran patrimonio cultura que ten, neste caso inmaterial.

Neste senso, dende o Concello explican que isto foi posible “grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través de Política Lingüística,ao grupo Leiras, a dous historiadores”. Neste senso, dende a entidade local tamén queren agradecer o apoio da asociación Abrindo Camiño, “que sempre crea produto cultural, integrando o valor patrimonial”.

A casa de Leiras Pulpeiro foi adquirida recentemente e está sendo rehabilitada e, nas xornadas desta tarde, os propietarios manifestaron a vontade de chegar a acordos co Concello para que esta exposición poida ser ubicada nalgúns espazos do inmoble.

Novas propostas
Hoxe tamén arranca o Espazo Leiras -https://espazoleiras.gal/-, cuxo obxectivo é afondar na investigación sobre o poeta a través da tecnoloxía 8D.“Agradecemos a aposta de todos os participantes neste proxecto, que souberon ver o gran potencial que temos. Grazas ao seu proxecto, Mondoñedo é máis cultura e máis historia. A súa iniciativa aporta un valor engadido á cidade e iso pensamos que debemos de poñelo en valor”, conclúe o goberno local.