O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acollerá ata o 31 de outubro Os Catro Otero, unha mostra multidisciplinar con obras de 3 xeracións de artistas.

O Complexo Cultural RegalXunqueira inaugurará o 5 de agosto as 20:00h a exposición titulada Os Catro Otero. Será na sala de exposicións e servirase un viño e algo de comer. 

Esta exposición é unha mostra multidisciplinar de obras de tres xeracións de artistas do clan vencellado ao Complexo RegalXunqueira, que pretenden darlle continuidade ao espazo creativo e de divulgación cultural desta instalación. 

En primeiro lugar está Alfonso Otero Regal, que presenta unha colección de murais cerámicos esquemáticos.Despois está a súa filla, Renata Otero Ramallal, cunha adaptación de “Palabras para Xulia” de Paco Ibáñez a un feito autobiográfico. E por último os seus netos, Leo Espiña Otero, cunha instalación sobre o arte urbano e o colaxe, e Alén Espiña Otero con varias fotografías naturalistas.

Esta mostra colectiva estará aberta ata o 31 de outubro.