Na Casa da Cultura de Foz pódese visitar ata o 18 de xullo unha exposición en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

A sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María, de Foz acolle ata o vindeiro 18 de xullo a mostra titulada Florencio Delgado Gurriarán:Compromiso na distancia, en homenaxe ao autor das Letras Galegas 2022.

Organizada pola Concellería de Normalización Lingüística, quere honrar a memoria dos exiliados e exiliadas republicanos que, en conexión con outros transterrados da diáspora, contribuíron a manter aceso o facho da cultura galega e da nosa identidade.

O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pertence á denominada Xeración do 25, da que tamén forman parte autores como Manuel Antonio ou Blanco Amor, que foron unha sorte de fillos da Xeración Nós que, continuando co labor modernizador e europeizante dos seus predecesores, converténdose  nos grandes renovadores da poesía e do teatro galego.

A mostra pódese visitar de 8:30 a 14:00 horas.