Peixe
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron este venres unha nova edición do Camiño Gastronómico do Mar, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa seis anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o Camiño do Mar. Desenvolverase do 19 de outubro ao 30 de novembro.
O acto tivo lugar nas instalacións de Armadores de Burela e estivo presidido pola conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, coa representación de varios dos concellos polos que discorre a acción, como Foz, Burela, Xove, Ortigueira ou Mañón; entidades relacionadas co mar, como a Fundación Expomar, o Galp A Mariña Ortegal e representantes das frotas do porto de Burela e outras asociacións pesqueiras do norte de Galicia...
leer másA Gastropraza volverá mañá, 17 de setembro, ao Mercado de Abastos ribadense. Será ás 12 do mediodía.
Nesta ocasión os asistentes poderán gozar da elaboración e degustación de receitas con peixes de baixo valor económico, unha oportunidade para descubrir novas formas de cociñar e saborear o mellor produto de proximidade.
Na praza de abastos estiveron xa facendo promoción desta actividade a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, e o alcalde, Dani Vega.
O pasado domingo a Merluza D& Burela foi protagonista na xornada inaugural do Galicia Fórum Gastronómico 2025, o maior evento gastronómico profesional do norte de España, que celebrou na Coruña do 23 ao 25 de marzo a súa décima edición inspirada en "Un Océano de Cociñas", facendo honra á rica diversidade culinaria que emana das profundidades do mar e esténdese polos recunchos de Galicia e o mundo.
A OPP Burela promocionouse dentro do programa de "Experiencias de Calidade Galicia Sabe A_Mar" da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. O chef Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués (Rianxo, A Coruña) preparou diferentes receitas elaboradas con pescada do pincho de Burela en maridaxe con viños da DO Ribeiro: “Taco de Merluza D& Burela rebozado en tempura negra de tinta de lura, salsa kinchi e lima”; e...
leer másO Concello do Vicedo anuncia que este xoves, día 9 de xaneiro, “vai haber unha nova edición da campaña da Consellería do Mar Galicia Sabe a Mar. Trátase dunha iniciativa para promocionar o consumo de peixe e para iso a furgoneta da campaña estará instalada nas inmediacións da Casa da Cultura en horario de mañá e tarde e poderedes probar algún dos 10 pinchos distintos da campaña totalmente gratis”.
La Organización de Productores Pesqueros de Lugo, junto con la Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela y con la colaboración de Armadores de Burela, pone en marcha una nueva iniciativa gastronómica con un triple objetivo: fomentar el consumo do pescado, apoyar al sector hostelero del norte de Galicia y promocionar el “Camino del Mar”, ruta xacobea que comunica por tierra el Camino Norte y el Camino Inglés a Compostela.
El “Camiño Gastronómico do Mar” consiste en una serie de jornadas gastronómicas que tendrán lugar en treinta restaurantes de los quince concellos costeros por los que discurre el “Camino del Mar”: desde Ribadeo (Lugo) a Neda (A Coruña), pasando por Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro y O Vicedo, en la provincia de Lugo; y Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño y Narón, en la...
leer másCoas xornadas dedicadas ao peixe do día, que terán lugar do 28 ao 30 de agosto, rematará a campaña #DegustaAMariña da FCAM. Os locais hostaleiros participantes ofrecerán tapas, racións ou pratos elaborados co peixe coma ingrediente principal.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, manifestou que “nesta última fin de semana de agosto queremos render homenaxe aos nosos mariñeiros. E por ese motivo #DegustaAMariña estará dedicada ao peixe do día. Son moitas as embarcacións que a diario saen ao mar para traernos os mellores produtos e os máis frescos: sanmartiño, sargo, dourada, ollomol, palometa, sardiñas, bocarte, xurel… Será un bo momento para saborear as exquisitas preparacións que atoparemos na nosa hostalería”.
A FCAM estivo a homenaxear, desde o pasado 24 de xullo, a todas as festas gastronómicas da comarca...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha reunión por videoconferencia cos patróns maiores das confrarías da Mariña lucense. A iniciativa tiña por obxecto poñerse a disposición dos profesionais do mar, como se ten feito desde o inicio da crise sanitaria, e trasladarlles unha serie de iniciativas en apoio do sector promovidas pola administración autonómica.
A máis novidosa é a posta en marcha dunha campaña para animar á cidadanía a consumir produtos do mar e impulsar os seus prezos durante a crise do coronavirus. A iniciativa está presente nos puntos de venda das principais distribuidoras a través de material repartido pola Consellería do Mar, que destina aos establecementos un total de 7.000 carteis, 7.000 vinilos e 24.000 letreiros promocionais que estarán expostos nos lugares de compra dos produtos do...
leer másO Concello pon en marcha este verán a Ruta do Peixe, que foi presentada esta mañá polos edís de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben, e por Pedro Rolle, de O Freixo dos Lobos, que será o guía desta nova iniciativa.
Segundo explicaron “trátase dunha visita guiada a unha peixería e á lonxa do porto de Burela”. Esta nova ruta terá lugar os días 5 e 19 de xullo e o 2 e o 16 de agosto en horario de 17 a 21:30 horas, con saída desde a Oficina de Turismo. Fernández Rey dixo que “será necesario inscribirse a través da páxina de Turismo do Concello de Burela ou da aplicación creada para este fin”.
Os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo subliñaron que “o que queremos é seguir impulsando a celebración de diversas actividades en Burela durante todo o verán para que veciñ@s e visitantes se...
leer más