Do 8 ao 29 de agosto pódese visitar na Casa da Cultura en San Ciprián unha mostra pictórica de Blanca Dacal.

Do 8 ao 29 de agosto pódese visitar na Casa da Cultura en San Ciprián unha mostra pictórica de Blanca Dacal. Denomínase Luz de Balea. 

Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá de 9:00 a 14:30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal)

Trátase dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado á historia de San Ciprián!

En palabras de Blanca Dacal: “Con Luz da Balea pretendo rescatar a presenza das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación”.