Do 5 ao 30 de decembro poderase visitar en Burela unha exposición de acuarelas da pintora Mercedes Maseda Pernas.

Do 5 ao 30 de decembro poderase visitar na Sala de Arte da Casa da Cultura, en Burela,  "Creaturas", unha exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas. 

Trátase dunha mostra de variados motivos na que se poden atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona. 

A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia. 

Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela. 

A inauguración terá lugar o 5 de decembro ás 18:00 horas.