Barreiros acolle ata o día 9 de xaneiro a exposición fotográfica “Express-Arte"

O centro sociocultural de Barreiros acolle ata o día 9 de xaneiro a exposición fotográfica “Express-Arte”. Trátase dunha mostra que amosa unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte, que foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

Esta exposición, que foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade ao amparo do programa de actividades que oferta aos concellos, pode visitarse de luns a venres en horario de 10 a 15 horas ou durante calquera das actividades que teñen lugar en dito centro sociocultural.