A Casa da Cultura de Burela acollerá unha exposición de pinturas de Jesús San José Arranz do 23 de febreiro ao 22 de marzo

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá unha mostra de pinturas do artista Jesús San José Arranz do 23 de febreiro ao 22 de marzo. Titúlase “El traje de luces” e inclúe obras pintadas ao óleo con pasamanería. 

A inauguración desta exposición será o venres 23 de febreiro ás 18:00 horas e poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas.