O 28 de agosto haberá nova sesión de Cine na Rúa en Barreiros. Será no Campo da Festa de Vilamar.

Volta o Cine na Rúa coa película "Eroski Paraíso" que se proxectará en Vilamar este sábado, 28 de agosto, ás 22:00 horas.

Sinopse: Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros, un pequeño pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, repetiuse en infinidade de lugares de toda España, onde os cines, salas de festas e outros espazos de socialización fóronse transformando en espazos de consumo. Unha metáfora viva da transformación social ocorrida nos últimos 35 anos.

A proxección será no Campo da Festa de Vilamar ás dez da noite con entrada libre.