Aire libre

Etiquetas:
24/05/2021

Mañá, 25 de maio, ás 19:30 horas o alumnado da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto de frauta, canto e piano no recinto exterior da escola, sita na Rúa do Cancelo nº 33.

Etiquetas:
19/08/2019

Foz acolle a XX Semana do Teatro Afeccionado desde o luns 19 ao venres 23 de agosto. As representacións faranse ao aire libre ás 21:00 horas.

O luns 19 na praza Pardo de Cela Touporroutou Teatro ofrecerá a obra Comedia Bífida.

Axóuxeres representará a obra Un divorcio no pobo o martes 20 na Praza do Concello.

Na Praza de Galicia o mércores 21 Pico do Castro ofrecerá O Randiña.

O xoves 22 no Campo da Cabana O Batán escenificará a obra Bicos de vinagre.

E o venres 23 rematará este ciclo de teatro afeccionado ao aire libre cunha representación na paseo da Rapadoira a cargo de A Adala, que representará Comeza a función.

 

Etiquetas:
22/07/2019

Mañá, martes, terá lugar unha nova sesión de cine ao aire libre na praza do Concello. Será ás 22:15 horas. A película que se vai proxectar é Peter Rabbit.

Aínda que na programación cultural do mes de xullo do Concello a cita estaba prevista para o mércores, finalmente terá lugar este martes, 23 de xullo. 

 

Etiquetas:
09/07/2019

A Concellería de Cultura recupera o cine ao aire libre durante o verán. A primeira sesión será o 11 de xullo coa proxección de Barcos al rescate a partir das dez da noite na praza do Concello. A segunda película ofrecerase o 24 de xullo e haberá outras dúas sesións en agosto. Alternaranse entre as prazas da Mariña e do Concello.

O concelleiro José Díaz contou que “durante los meses de julio y agosto recuperamos en Burela el cine al aire libre, que es un formato con el que empezamos en el año 2015 con mucho éxito de asistencia de gente, de familias y sobre todo de niños porque apostamos por el cine infantil y familiar, entonces este año volvemos a retomar este proyecto de verano”.

O edil burelés anunciou que “en este caso ofreceremos cuatro películas al aire libre. Vamos a repartirlas, como novedad, dos en la plaza...

leer más
Etiquetas:
17/08/2018

O vindeiro domingo, 19 de agosto, ás 22:00 horas, se o tempo o permite, terá lugar na Praza da Mariña unha nova sesión de cine ao aire libre coa proxección de Ferdinand, unha película de profunda mensaxe que foi nominada aos Globos de Ouro como mellor filme de animación e mellor canción orixinal.

A entrada é gratuíta. 
Sinopse
Ferdinand é un touro cun gran corazón que vive cos seus amigos. É un animal pacífico ao que lle encanta gozar da natureza sen facer dano a ninguén. Pero un día, todo cambia cando o confunden cunha besta perigosa. Ferdinand é capturado e arrincado do seu fogar para levalo a España, onde o obrigarán a converterse nun touro bravo. Pero ao noso protagonista non lle gusta a violencia e tampouco perseguir as teas vermellas dos toureiros. Así que decide que vai volver coa súa familia. Para iso recruta a un grupo...

leer más
Etiquetas:
17/07/2017

A Concellería de Cultura programa para mañá, 18 de xullo, unha sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña ás 22:30 horas. A película elixida é Cigüeñas, pensada para un público familiar. En agosto haberá outras dúas sesións de cine ao aire libre, por que é unha actividade que está a funcionar moi ben, segundo salientou o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O edil burelés contou que “presentamos para mañana martes, 18 de julio, desde la Delegación de Cultura de Burela, una nueva sesión de cine al aire libre. Ya empezamos con esto hace dos años, en el 2015, con mucho éxito. La gente estaba encantada con esta iniciativa y había una media de casi 300 personas, en la praza de A Mariña. El año pasado volvimos a hacerlo y repetimos en este 2017”.

José Díaz manifestou que “esta primera película mañana, martes, se...

leer más
Etiquetas:
09/05/2017

A Concellaría de Cultura organiza unha actividade para bebés dentro do programa Apego, que se celebrará este xoves, día 11.

Baixo o nome de Movementos con Apego terá lugar esta actividade ao aire libre dirixida a bebés entre 3 e 24 meses. Os participantes xuntaranse ás 17:00 horas no Cantón e irán andando ata o Cargadoiro onde se desenvolverá a partir das 17:30 horas. Desde a Concellaría de Cultura advirten de que “en caso de mal tempo sería no Teatro”.

O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse para poder asistir. As anotacións poden facerse en culturaribadeo@ribadeo.org, chamando ao número de teléfono 982 131 565 ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, sito na rúa Viejo Pancho 12.