Foz acolle unha semana de teatro ao aire libre do 19 ao 23 de agosto. As representacións darán comezo ás nove da noite.

Foz acolle a XX Semana do Teatro Afeccionado desde o luns 19 ao venres 23 de agosto. As representacións faranse ao aire libre ás 21:00 horas.

O luns 19 na praza Pardo de Cela Touporroutou Teatro ofrecerá a obra Comedia Bífida.

Axóuxeres representará a obra Un divorcio no pobo o martes 20 na Praza do Concello.

Na Praza de Galicia o mércores 21 Pico do Castro ofrecerá O Randiña.

O xoves 22 no Campo da Cabana O Batán escenificará a obra Bicos de vinagre.

E o venres 23 rematará este ciclo de teatro afeccionado ao aire libre cunha representación na paseo da Rapadoira a cargo de A Adala, que representará Comeza a función.