Malajunta Tango Dúo e Beetle Judge actuarán os días 14 e 15 de agosto en Ribadeo.

Música e exposición na axenda cultural de Ribadeo para estes días. 

O sábado, 14 de agosto, Malajunta Tango Dúo presentará Apiazzolados co arxentino Martín Bucki ao piano e o asturiano José Luis Álvarez ao saxofón e acordeón. A actuación terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco ás 20:00 horas.

O domingo, día 15, ofrecerá un concerto o grupo Beetle Judge dentro do ciclo Soa Forte, que organiza o Concello de Ribadeo. Será no Forte de San Damián ás 20:30 horas. A venda anticipada de entradas farase na Oficina de Cultura a partir deste mércores 11 en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no ciclo Soa Forte actuarán Remakers, o día 22 de agosto, e Astra, o día 29.

Ademais ata o 10 de setembro no Forte de San Damián pódese visitar a exposición fotográfica La madre que nos parió. A nai que nos pariu de Nacho Samper e Nacho Carballo. O horario de visitas é de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, agás o luns que permanece pechado. Aínda que de inicio a mostra ía estar no Forte ata finais de agosto finalmente amplíase ata o 10 de setembro.