Titulacións

Etiquetas:
17/10/2022

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recibiu á directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, e presentaron a campaña de matrícula para o curso 2022-23 e as novas titulacións que se impartirán no centro lucense.

Ana Traseira explicou que “este curso vamos implantar tres novas titulacións: a de Maxisterio en Educación Infantil, o Grao en Enxeñería da Enerxía e Ciencias Ambientais. A primeira viña sendo demandada de xeito insistente polo alumnado da UNED dende hai moito tempo e por fin podemos ofertarlla aos nosos estudantes de xeito semipresencial, e polo tanto tamén aos do concello de Foz e da área da Mariña. A segunda acaba de ser creada pola UNED e aprobada pola ANECA e esta titulación creo que moi acaída nos momentos de crise enerxética que estamos a vivir e todo este inverno ao que nos temos que enfrontar supón a necesidade de revisar os nosos...

leer más
Etiquetas:
15/10/2022

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseiras, presentaron a campaña de matrícula para o curso 22-23 e as novas titulacións que se implantan no centro de Viveiro.

Tanto a directora da UNED de Lugo como a alcaldesa amosaron a súa satisfacción pola implantación de tres novos graos, que permitirán ao alumnado da Mariña estudar ‘Maxisterio: Educación Infantil’, Enxeñería da Enerxía ou Ciencias Ambientais a través da modalidade semipresencial, sen desprazarse do seu lugar de orixe.

As tres carreiras cursaranse en catro anos na modalidade semipresencial. A UNED non ten prazas límites, polo que todo o alumnado que desexe cursar os graos simplemente ten que cumprir cos requisitos de acceso.

María Loureiro destacou “a colaboración fluída coa UNED, que no...

leer más