Rondallas e a presentación do obradoiro de teatro son as actividades previstas polo colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, para os días 31 de marzo e 7 de abril

Desde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.

O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.

Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas. 

E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea.