Parroquias

18/01/2023

O Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do programa As parroquias en marcha, que se desenvolverá do 30 de xaneiro ao 30 de xuño. Para participar nestas actividades de lecer as persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse nas escolas das parroquias ou chamando ao teléfono 625 10 42 74.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “a veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias…”.

A edil ribadense sinalou que “as actividades vanse facer nas diferentes parroquias do noso concello, tanto nas do interior como nas da costa. Son totalmente gratuítas e van comezar xa o 30 de xaneiro”.

Freire Rancaño engadiu que “se trata dun programa que ten moi boa acollida...

leer más
Etiquetas:
09/01/2023

O local da antiga báscula de Marzán, en Foz, acollerá este sábado, 14 de xaneiro a representación teatral da obra titulada O terapeuta, a cargo do grupo focego Pico do Castro. Será ás 19:30 horas.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e asociación de veciños O Torques, de Marzán.

 

Etiquetas:
14/09/2022

Argadelo, as voltas da música ao teatro volveu hai uns días na Escola das Anzas. Este obradoiro, enmarcado no ciclo Cultura nas Parroquias, chegará esta tempada tamén a Vilaselán. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que “Argadelo comezou a súa andaina o pasado mes de maio. Trátase dun proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Mano Panforreteiro”.

Otero Cabarcos dixo que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea. Comezamos en maio nas Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo, onde logramos reunir a unha quincena de persoas arredor de Argadelo. Descansamos en agosto e volvemos con máis folgos o...

leer más
13/09/2022

Volve o programa As parroquias en marcha, que organiza o Concello de Ribadeo. A primeira parte xa tivo lugar de maio a xullo e a segunda desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de decembro. Para participar é preciso inscribirse chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “tras o descanso estival volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Toda a programación deseñada está dirixidas aos veciños e veciñas que queiran participar e sexan maiores de idade e a todas aquelas persoas que queiran compartir un tempo de lecer”.

O rexedor lembrou que “as actividades das Parroquias en marcha van...

leer más
Etiquetas:
24/06/2022

Musiqueando polas parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará o 28 de xuño a Piñeira. 

Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Piñeira o martes, 28 de xuño, ás 19:00 horas no Teleclub, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”. 

Este curso será o terceiro ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro.

...

leer más
13/05/2022

O Concello de Ribadeo organiza o programa As parroquias en marcha, que dará comezo o vindeiro 23 de maio. Para participar nas actividades, que se desenvolverán ata o 18 de xullo e de setembro a decembro, é preciso inscribirse do 16 ao 20 de maio chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “desde o Concello de Ribadeo queremos anunciar que volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Nesta ocasión o nome que lle puxemos é As parroquias en marcha. É necesario volver activarnos, volver reencontrarnos cos nosos veciños e coas nosas veciñas e poder desfrutar daquelo que máis nos gusta e tamén das...

leer más
Etiquetas:
23/03/2022

A Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa co seu programa Cultura nas Parroquias 2022 coa actuación de Paula Carballeira.

A actriz galega estará esta fin de semana nas parroquias de Couxela e Covelas.

O sábado, 26 de marzo, actuará na Escola de Couxela e o domingo, 27 de marzo, na Escola de Covelas. Ambas representacións darán comezo ás 17:30 horas.

Etiquetas:
17/02/2022

A Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa desenvolvendo o seu programa Cultura nas Parroquias 2022.

No marco desas actividades esta fin de semana actuará a contacontos Paula Carballeira.

O sábado, 19 de febreiro, estará na Escola de Ove e o domingo 20 na Escola de Vilaframil.

As dúas actuacións darán comezo ás 17:30 horas.

Esta actriz e escritora galega conta cunha nutrida obra de relatos infantís e xuvenís dende hai tres décadas que comezou a súa carreira. 

 

Etiquetas:
22/09/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo segue co seu programa Cultura nas Parroquias e este fin de semana haberá actuacións de grupos de música tradicional en Couxela e en Piñeira.

O sábado, 25 de setembro, en Couxela actuarán as Pandereteiras da Asociación Amigos da Gaita. Será a saída da misa.

E o domingo, 26 de setembro, en Piñeira estará Seimeira. A actuación terá lugar á entrada e á saída da misa.

 

Etiquetas:
16/09/2021

No Auditorio Municipal este venres, 17 de setembro, durante toda a mañá, sete grupos de escolares visitarán a exposición de autómatas Kinético, onde os artífices do proxecto Xira Paus, Manu Taboada e Ero Vázquez, lles explicarán ás crianzas o funcionamento destas maquinarias e como manipulalas. Esta actividade lévase a cabo a través da colaboración cos centros de ensino e co patrocinio da Área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra tamén se pode visitar pola tarde, entre as 17:30 e as 19:30 horas.

O domingo, 19 de setembro, seguindo coas actividades nas parroquias, actuará o contacontos Celso Fernández Sanmartín que estará na Escola de Vilaselán ás 12:00 horas, no Teleclube de Santalla ás 18:00 horas e no Círculo Habanero A Devesa ás 20:00 horas.