O Concello de Alfoz organiza cursos de primeiros auxilios en Bacoi e O Pereiro. Serán os días 12 e 26 de marzo.

Dentro do Programa de Dinamización das Parroquias o Concello de Alfoz organiza dous cursos de primeiros auxilios para o vindeiro mes de marzo. Serán os domingos 12 e 26 de marzo nas escolas de Bacoi e de Chao (O Pereiro), respectivamente, de 17:30 a 19:30 horas. 

Estes cursos serán impartidos por persoal sanitario e a participación é de balde. Están abertos a todas as persoas interesadas en aprender técnicas que poden salvar vidas, recoñecer os síntomas dun ictus ou dun infarto, facer a reanimación cardiopulmonar, cómo actuar nun atragantamento ou ante unha hemorraxia.

Para inscribirse só hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2) ou pasar polo Concello.