Marzán, en Foz, acolle o 14 de xaneiro unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro.

O local da antiga báscula de Marzán, en Foz, acollerá este sábado, 14 de xaneiro a representación teatral da obra titulada O terapeuta, a cargo do grupo focego Pico do Castro. Será ás 19:30 horas.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e asociación de veciños O Torques, de Marzán.