Ata o 3 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas e culturais da ACD Xove, que iniciarán a nova tempada o día 11.

A Asociación Cultural-Deportiva Xove presenta a nova tempada de actividades, que inclúe algunhas novidades. Ata o 3 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas súas escolas. O proceso debe realizarse na páxina web www.acdxove.com cubrindo o formulario de inscrición 2023-2024. Para poder efectuarse, débese primeiramente ser socio, que se xestionará contactando coa Xunta Directiva da Asociación. Isto implica unha cota de 15 euros mensuais por familia abonado en pagos semestrais.

Outra das novidades será a ampliación da tempada. Nesta ocasión as actividades comezarán o 11 de setembro e rematarán o 15 de xuño. Previamente, a presentación da tempada será o 9 de setembro ás 20 horas no Pavillón Municipal de Xove. 

Ademais aumenta a oferta de actividades. Por unha banda, engádese tanto karate como surf para adultos. Pola outra, diferentes actividades aumentan as súas idades: xadrez para nenos de 5 anos, atletismo e duatlón para nenos de 6.

A parte dos deportes novidosos mencionados, tamén se poderá desfrutar dos que xa forman parte da súa habitual oferta como patinaxe, baloncesto ou fútbol sala. Tamén seguen as escolas culturais de pintura e teatro.

Para poñerse en contacto coa Xunta Directiva existen diferentes opcións como o teléfono ou Whatsapp 618.97.61.59, o correo electrónico a.c.d.xove@hotmail.com ou o buzón de correos no Pavillón Polideportivo de Xove. Tamén están a disposición das familias a páxina web anteriormente mencionada e as redes sociais; ACDXove tanto en Facebook como en Instagram.