Están abertas as inscricións para participar no III Encontro de Cultura Marítima que se celebrará en Foz o 22 de xullo.

Vivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.

O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construído e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.

Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpq90niHwMyV7GcAfRyNsfDTxChEWp... ou en caso de non ser posible enviar correo  vivemar.viveiro@gmail.com

Programa do encontro

III ENCONTRO DE CULTURA MARÍTIMA DA MARIÑA

22 DE XULLO, SÁBADO.

CENIMA de FOZ

Programa:

10.00 h. Recepción participantes:

10.15 h. Traballos de posta en común para a realización do Catálogo de recursos da

Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego.

10.30 h. Comisións de traballo.

Embarcacións

Coordina: Daniel García Níñez

Patrimonio construido

Coordina: Antón Mascato

Patrimonio inmaterial

Coordina Lucas Requeixo

12.15 h. Pausa café.

12.30 h. Posta en común das comisións.

13.00 h. Presentación nº 15 de Nova Ardentía. Emilio Insua, coordinador da revista

e Antón Mascato do consello de redacción

13.20 h. Os Encontros de embarcacións de Sada 2023. Membros da comisión

organizadora

13.40 h. Outras propostas de dinamización

14.00 h. Xantar. Obrigado inscribirse

15.30 h. “O Mar en Foz” por Antón Niñe e visita guiada á exposición de Artes e

Aparellos no Cenima. Coordina Sociedade Cultural A Rula de Foz

16.30 h. Experiencia en Traiña, no porto de San Xiao. Coordina Daniel García

Níñez.

17.20 h. Visita guiada ao portiño de San Xiao e á Salgadeira de San Xiao

coordinado por Manuel Lara, de Culturmar e Buxa.

18.00 h. Fin da xornada, calendario próximas actividades, despedida e entrega de

documentación.

Organiza: Vivemar.

Responsables: Lucas Requeixo, Daniel García Níñez e Antón Mascato.

Coorganiza: Culturmar. Federación de Asociacións pola Cultura marítima e fluvial.