Axenda

Etiquetas:
11/04/2024

A axenda foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.

A edil lembrou que “xa comezamos a axenda cultural do 2º trimestre disfrutando esta primeira fin de semana de abril da música e dos monólogos. E seguiremos disfrutando das audicións da EMMeD. Ao longo das diferentes semanas o alumnado e o público xeral pode asistir a interpretacións variadas, de corda, vento metal, acordeón, música tradicional, danza , piano, canto e guitarra…para rematar no mes de San Xoán co festival de fin de curso”.

Begoña Sanjurjo contou que “á música tradicional e á que dedica a Asociación Amigos da Gaita o seu festival infantil para as diferentes exhibicións do seu alumnado. Contaremos tamén en maio cun musical que percorre os éxitos dos 80 e 90, e con Coco para os pícaros e pícaras. A parte audiovisual é especialmente...

leer más
Etiquetas:
05/04/2024

Maureen Choi Quartet actúa mañá, sábado, no auditorio municipal de Ribadeo, polo que tamén pasará este domingo o actor Sergio Pazos. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “en Ribadeo temos unha fin de semana chea de actividades. Gozaremos de boa música o sábado e dun coñecido monologuista o domingo”. 

A edil ribadense explicou que “mañá, sábado, actuará en Ribadeo Maureen Choi Quartet. Maureen Choi é moito máis ca jazz e música latina, o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe  co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica como vehículo de expresión. Os seus compañeiros de cuarteto nesta aventura musical son:  Daniel García, pianista de jazz e director musical do exitoso Hoy no me puedo levantar; Mario Carrillo, contrabaixista e arregrista...

leer más
Etiquetas:
09/03/2024

Oito concellos galegos, entre eles Viveiro, impulsarán a implementación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, organizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. No caso de Viveiro o obradoiro será o 14 de marzo de 10:00 a 14:00 horas na sala multiusos do Concello. É necesario inscribirse previamente neste enlace: https://forms.gle/bjoAYewtNxgua8LNA

A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, da que forma parte representando a Viveiro a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, celebrou a primeira xuntanza presencial do ano no Concello de Pantón, en sinal de agradecemento pola súa recente adhesión a esta rede de administracións locais e provinciais...

leer más
Etiquetas:
19/01/2024

Teatro afeccionado, actividades para a picaraxada, música ou charlas conformar a axenda cultural de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024, que foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.

A edil de Cultura contou que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense...

leer más
Etiquetas:
20/10/2023

Teatro afeccionado e profesional, proxeccións, música ou monicreques son algunhas das propostas da axenda cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano. As actividades foron presentadas este xoves pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense contou que “comezamos este venres cun evento que houbo que adiar por causa dos incendios. Referímonos á presentación do libro da nosa veciña de Barreiros  Lucía Ferro, que se titula En Brandán, unha novela negra, pero con moito humor e personaxes normais, en palabras da autora. Será na sala de presentacións da Casa do Viejo Pancho, como diciamos este venres, 20 de outubro, ás 20.00 horas. Teremos no mes de novembro outra presentación no mesmo lugar por desexo expreso da protagonista, a escritora arxentina de nai ribadense Ana Martínez. Ela achéganos á  súa obra...

leer más
Etiquetas:
16/07/2023

A axenda do Concello de Burela para o mes de xullo inclúe actividades deportivas, festivas e gastronómicas. 

A programación arrincou o pasado día 10 con balonmán e seguiron onte co IX Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra. A partires do luns, día 17, terá lugar un campus de fútbol da SD Burela. Tamén o luns volverá o balonmán para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos e dará comezo o Verán na Praia, que se prolongará ata o 1 de setembro. 

Do 21 ao 23 terá lugar a Romaría do Monte Castelo. O 25 de xullo Burela celebrará o Día de Galicia cunha pancetada e co concerto de DeVacas. Entre os días 27 e 30 haberá un tapeo na hostalaría local que terá ao bonito como protagonista. Será a antesala da Feira do Bonito, prevista para a primeira fin de semana de agosto. 

O día 20 haberá Cine na Rúa. Será...

leer más
Etiquetas:
14/07/2023

Festivais, cine, teatro, exposicións, Letras no Campo ou actividades para o público familiar son algunhas das propostas da axenda cultural de Ribadeo para este verán, que hoxe foron presentadas pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense dixo que “a programación de verán do noso concello comezou co Ribadeo Indiano, un fin de semana cheo de cultura e historia que vimos de pasar. Moitas das actividades que vamos presentarvos están organizadas por diferentes asociacións ribadenses, a maioría de xente moza, ás que quero agradecer as súas ideas e o seu traballo, e coas que desde o Concello colaboramos gustosamente. Por exemplo, o Vendaval Fest que terá lugar xa o 22 de xullo, organizado pola asociación Catro Caños, e o Xara Fest que será o 2 de setembro, en plenas festas patronais, ten como motor outro grupo de mozos...

leer más
Etiquetas:
15/05/2023

A Concellería de Dinamización de Barreiros presentou a axenda cultural “Barreiros ConVídate”, que terá lugar nas distintas parroquias do municipio durante os meses de maio, xuño e xullo. Este programa ten como obxectivo achegar a cultura a todos os recunchos de Barreiros, ofrecendo unha variada selección de actividades para todos os públicos.

A programación dará comezo este domingo, 21 de maio co III Recital Poético Versos na Baixamar que terá lugar nas escolas de Reinante. Este evento marcará o inicio dunha serie de actividades culturais que se desenvolverán ao longo dos próximos meses nas que destacan, entre outras moitas, as sesións de cine con Matria, o monologuista Avelino González, música en vivo con Dani Royo e a actuación de Superheroe de Fran Rei.

O concelleiro de dinamización, Dani García, comenta que: "...

leer más
Etiquetas:
04/04/2023

A axenda cultural do segundo trimestre deste 2023 arrinca estes días coa segunda semana do proxecto Píllara: o 6 de abril haberá unha acción colectiva na rúa coa actriz María Roja e o sábado no teatro proxectarase a película Panteras.  As propostas deste trimestre, que presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero, inclúen danza, teatro, actividades para as crianzas, Cultura nas Parroquias e tamén música. A cantante Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o 6 de maio. 

A edil ribadense manifestou: “desde a Concellaría de Cultura queremos informar dos eventos que conforman a axenda cultural neste segundo trimestre do ano. Estamos agora mesmo inmersas na segunda semana do proxecto Píllara, que como levamos difundido amplamente nestes días atrás, é unha reflexión a través da arte sobre a situación do cambio climático e na que o...

leer más
Etiquetas:
25/01/2023

Chévere, Carlos Blanco, Cándido Pazó ou Leilía son algunhas das propostas da Concellaría de Cultura de Ribadeo para o primeiro trimestre deste 2023. A axenda foi presentada por Pilar Otero Cabarcos. Seguirán os ciclos O Concello cos Coles e Cultura nas Parroquias así como as actividades do Apego para as crianzas. 

A edil ribadense dixo: “comezamos a presentación xa cunha cita para este venres, 27 de xaneiro, no auditorio municipal. A compañía de teatro Chévere, que leva 35 anos enriba dos escenarios e como din eles, na retagarda do teatro, un teatro que sempre é crítico, ao fío da actualidade, experimental nas súas formas, ameno e que sempre conta co favor do público. Nevermore, concibida como reflexión da catástrofe do Prestige e destinada a espazos máis grandes, logo de cumprida esa etapa está agora en xira por espazos coma o Hernán...

leer más