No Valadouro aprazan todas as actividades programadas para o 15 de outubro por mor da previsión de chuvia para esa xornada

A Concellería do Medio Rural do Concello do Valadouro informa do aprazamento de todas as actividades que ian ter lugar o domingo, 15 de outubro.

Trátase dun cambio motivado polas previsións meteorolóxicas de chuvia para ese día, o que obriga á organización a un cambio de data da Xornada Micolóxica, a sesión vermú a cargo de Brétema Band e a degustación dunha paella xigante a base de cogomelos.

Desde a Concellería de Medio Rural lamentan “as molestias causadas e avisaremos con antelación da nova data proposta”.