A asociación Tá en Artes anuncia que traslada toda a programación cultural deste ano para o 2021, debido á pandemia do Covid-19.

A asociación Tá en Artes comunica aos centros educativos, artistas, Concellos de Cervo e Foz, medios de comunicación e aos veciños e veciñas da Mariña lucense que suspende a programación prevista para este ano, no que tiña previsto homenaxear a Quique Guerra.

O colectivo sinala que “dadas as circunstancias especiais que vivimos de incertidume, queremos trasladar toda a programación para o 2021, respectando as datas se a situación sanitaria así o permitise. Non está no ánimo da nosa asociación realizar as actividades de homenaxe á arte e aos e ás artistas, ademais de traballar en educación artística, sen o espazo temporal que todos e todas esperan desta organización. Facer as cousas en tempo e forma para acadar o máximo nivel posible é un obxectivo que perseguimos como colectivo”.

Tá en Artes agradece a todos e todas e anuncia que informará convenientemente cando se poida retomar a actividade.