A celebración do Día do Socio de Pasadas das Cabras, prevista para o 20 de xuño, queda cancelada e as actividades están interrompidas ata novo aviso.

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, subliña que “debido ao estado de alarma no que nos atopamos por culpa de Covid-19 e xa que non sabemos cando será posible levar unha vida normal, queremos informar aos nosos socios, amigos e público en xeral, que a celebración do Día Do Socio, previsto para este 20 de xuño queda cancelada”.

E engaden que “posiblemente, e tendo en conta as circunstancias futuras, pospoñerase a unha data aínda por determinar ou á non celebración neste ano. Lembramos que, polas mesmas circunstancias e como xa informamos, as actividades desta asociación están interrompidas ata novo aviso. Paciencia e un abrazo para todos da Directiva”.