Manifesto

Etiquetas:
07/03/2018

A Concellería de Igualdade súmase á folga convocada para mañá, 8 de marzo, Día Internacional da Muller e invita ao resto das mulleres a que nun día tan significativo tomen conciencia da importancia que ten amosar o valor do papel da muller na sociedade.

A concelleira de Igualdade, Patricia Otero, salienta que “se trata de visibilizar o feito de que constituímos o 50% da poboación mundial e procurar que se valore o noso traballo e contribución á sociedade”.

O Concello de Burela organiza nesta xornada reivindicativa como único acto a lectura dun manifesto, que terá lugar na Praza da Mariña ás 12:00 da mañá. 

A Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres, xa levou a cabo actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Durante o mes de...

leer más
16/05/2017

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular ElenaCandia, será a encargada de darlle lectura mañá a un manifesto no que se recorda a relación entre o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Carlos Casares, e o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.

O Goberno local do Concello de Mondoñedo quere con este acto renderlle unha homenaxe a ambos os dous autores no Día das Letras Galegas. Con este obxectivo, a Biblioteca Pública Municipal abrirá en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, momento no que a alcaldesa dará lectura ao manifesto.

Así,  a rexedora aproveitará este acto para recordar a relación que uniu a ambos os autores, así como as numerosas veces que Casares escribiu sobre Cunqueiro, cuxas obras prologou en varias ocasións.

O Concello de Mondoñedo aproveita este acto tamén para...

leer más