Museos

Etiquetas:
20/05/2016
O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, celebra este sábado, 21 de maio, o Día dos Museos.
 
Este sábado, 21 de maio, o Complexo Cultural Regal Xunqueira celebra o Día dos Museos.
 
A programación iniciase ás 11:00 horas coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica. 
 
A continuación haberá unha visita guiada aos museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Trátase dunhas placas de cerámica realizadas por Laxeiro, Virxilio e De Dios. A asistencia é gratis e inclúe tamén a xornada do sábado pola mañá aberta ao público.
 
Etiquetas:
05/06/2015
O Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro, celebrará este sábado, 6 de xuño, o día dos museos con varias actividades.
 
Declarado pola Xunta de Galicia como Colección Visitable, cun contido relativo as artes decorativas e a etnografía no ámbito local para os efectos previstos na lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, celebra este sábado, 6 de xuño, o DIA DOS MUSEOS, tal como ven facendo nos últimos anos, nesta ocasión por motivos de programación retrasouse unha semana.
A programación iniciase as 11 da maña coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama, sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica.
A continuación haberá unha visita guiada os museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Tratase dun prato de Pablo Picasso dunha edición numera de 60 unidades, realizado nos talleres Maura da Costa Azul, así...
leer más
Etiquetas:
05/03/2015
O Museo do Mar de San Cibrao acolle o domingo, 8 de marzo, o II Congreso de Xénero, Museos, Arte de Migración, que organiza a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
 
Coa presencia de Mario Outeiro, deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo entre outras autoridades, mañá venres, ás 16:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo vai ter lugar a inauguración do II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración, evento que se desenvolverá durante os días 6, 7 e 8 de marzo. 
Este Congreso está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e conta coa colaboración de distintas institucións museísticas de calado como ICOM España, Museo de León,  Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo Maritim de Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Fundación Jiménez-Arellano da...
leer más