O Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro, celebrará este sábado, 6 de xuño, o día dos museos con varias actividades.

O Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro, celebrará este sábado, 6 de xuño, o día dos museos con varias actividades.
 
Declarado pola Xunta de Galicia como Colección Visitable, cun contido relativo as artes decorativas e a etnografía no ámbito local para os efectos previstos na lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, celebra este sábado, 6 de xuño, o DIA DOS MUSEOS, tal como ven facendo nos últimos anos, nesta ocasión por motivos de programación retrasouse unha semana.
A programación iniciase as 11 da maña coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama, sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica.
A continuación haberá unha visita guiada os museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Tratase dun prato de Pablo Picasso dunha edición numera de 60 unidades, realizado nos talleres Maura da Costa Azul, así como dúas placas de cerámica de Pablo Picasso tamén numeradas, sobre a tauromaquia.
E no apartado da historia da cerámica do norte galego, un prato da época verde de Sargadelos datado de 1898.
A continuación a programación inclúe a elaboración dunhas pezas de cerámica e unha cocción de Raku. E como final de xornada haberá un xantar de irmandade no propio recinto de Regal Xunqueira, e tamén musica.
A asistencia é gratis, no caso do xantar cada participante deberá aportar para a manduca.