A revista Auto Fácil propón unha ruta polos museos da comarca. A FCAM continúa así coa súa campaña de promoción da Mariña a nivel nacional.

A FCAM segue coa campaña de promoción da comarca a nivel nacional. A Federación de Comercio A Mariña continúa sumando publicacións e nesta ocasión unha reportaxe na revista Auto Fácil convida a realizar unha visita polos museos da costa luguesa da man de Pedro Madera, xornalista, historiador e viaxeiro infatigable. 

Para o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “a ruta dos museos a través desta comarca e pola provincia de Lugo son unha boa escusa para visitarnos”. E subliñou “a importancia que ten o turismo no comercio de proximidade, que encaixa na decisión de viaxar con todas as medidas de prevención neste momento”. 

Pedro Madera propón en Auto Fácil unha visita ao Museo do Mar en San Ciprián, ao Museo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo e ao Museo de Sargadelos, ademais doutros situados na cidade de Lugo como o Museo Provincial, a Casa dos Mosaicos ou o Museo Interactivo da Historia. 

Paleo considera que “a promoción constante durante todo o ano é necesaria para desestacionalizar e promocionar as pontes festivas. Sempre é un bo momento para visitar A Mariña, calquera estación nos ofrece múltiples posibilidades para coñecer e disfrutar desta comarca: rutas, gastronomía, monumentos, museos, mar, montaña… e a súa xente”. 

O xornalista Pedro Madera xa achegou aos lectores de Marca Motor as potencialidades da comarca en abril de 2019 e incluíu A Mariña no seu libro Viajar por libre. 50 rutas en furgo por España”.