O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, celebra este sábado, 21 de maio, o Día dos Museos.

O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, celebra este sábado, 21 de maio, o Día dos Museos.
 
Este sábado, 21 de maio, o Complexo Cultural Regal Xunqueira celebra o Día dos Museos.
 
A programación iniciase ás 11:00 horas coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica. 
 
A continuación haberá unha visita guiada aos museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Trátase dunhas placas de cerámica realizadas por Laxeiro, Virxilio e De Dios. A asistencia é gratis e inclúe tamén a xornada do sábado pola mañá aberta ao público.