O Valadouro
A representación terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro, segundo informa a Delegación de Cultura.
Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e a figura central desta proposta escénica para a infancia, con texto de Paula Carballeira, coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.
Sinopse
A obra presenta a un Castelao de 8 anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.
O luns, 25 de novembro ás 12:30 horas na Casa da Cultura do Concello de Valadouro, terá lugar a representación de O Pano, a cargo de Bátega Teatro como reivindicación e homenaxe da loita do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
O Pano é unha montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e mesmo a ciencia ficción. A autoría e dirección corresponden a Raquel L. Cendán.
Está dirixida especialmente a público adolescente. A actividade está subvencionada pola Área de Cultura de Deputación de Lugo
Sipnose
Celia habita un espazo atemporal que evoca o século pasado. Vende cogomelos no mercado e lixa caixiñas de madeira, gústalle sentir a súa suavidade porque contrasta coa dureza da súa vida. Casou moi nova, mais o seu matrimonio foi tóxico e difícil....
Este sábado, día 23 de novembro, na Casa de Cultura do Valadouro ás 19:00 horas terá lugar a representación da obra O auto do Castromil, de Manuel María, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. A entrada é de balde.
O Concello do Valadouro explica que “esta peza acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espírito antroidesco”.
A obra O auto de Castromil está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por...
leer másO Valadouro acolle unha actividade sobre o uso dos caixeiros automáticos dos bancos o 21 de novembro
O Valadouro acollerá unha actividade formativa sobre o uso dos caixeiros automáticos dos bancos de forma fácil e segura. Será o día 21 de novembro, xoves, ás 10:30 horas na Casa da Cultura.
É unha actividade organizada por Abanca e o Concello do Valadouro, que explica: “na formación danse consellos sobre como utilizar os caixeiros de forma segura e fálase tamén das diferentes operacións que se poden realizar nos mesmos. Unha segunda parte é a prevención da fraude e da ciberseguridade”.
O Concello do Valadouro organiza actividades para persoas adultas que se desenvolverán desde novembro de 2024 ata maio de 2025.
As actividades ofertadas son as seguintes: ximnasia de mantemento, luns e mércores de 10:00 a 11:00 horas en Ferreira e venres de 17:30 a 18:30 horas no Cadramón; ioga, xoves de 20:45 a 21:45 horas; pilates, martes de 20:45 a 21:45 horas; novas tecnoloxías, martes dende febreiro ata maio en horario pendente de confirmar; taller de memoria, luns de 17:15 a 18:15 horas en Ferreira e venres de 18:30 a 19:30 horas no Cadramón; e envellecemento activo, mércores de 19:00 a 20:00 horas.
As solicitudes serán cursadas polas persoas participantes. O prazo está aberto e rematan o xoves 31 de outubro ás 14:00 horas.
O Concello do Valadouro organiza actividades de Samaín os días 30 e 31 de outubro, mércores e xoves.
O mércores haberá un espectáculo de maxia titulado A Casa Encantada, a cargo do Mago Paco. Serán na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
E para o xoves está programadas varias actividades: obradoiro de cabazas, xogos, pintacaras, photocall, entre outras. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal ás 16:30 horas. “Prégase vir disfrazado/a e traer a túa propia cabaza se é posible”, comenta a organización, que corre a cargo da Concellería de Cultura e colabora a ANPA do CEIP Santa María do Valadouro.
Segundo informan desde o Concello ata o 30 de xuño o horario de inverno do ximnasio municipal será o seguinte: luns, mércores e venres de 10 a 13 horas; e de luns a venres de 18 a 22 horas.
O ximnasio municipal está situado na Avenida Deputación, 3 (fronte ao pavillón polideportivo municipal).
A asociación cultural Amado Lar, do Valadouro, organiza unha comida baile que se celebrará o día 1 de decembro, domingo, ás 14:00 horas no Bar Asturias, en Ferreira do Valadouro.
A organización anuncia que “o menú estará composto por callos, codillo, bebida, postre e café. Haberá un prato alternativo ós callos”. Os prezos son: socios e alumnos, 20 euros por persoa (os socios poderán levar un acompañante); non socios, 25 euros por persoa; nenos ata 10 anos, 15 euros cada un (incluídos os alumnos).
O evento estará amenizado por Juan de Celsa.
As prazas son limitadas e a data límite para anotarse é o 26 de novembro.
Alba Farto, ilustradora, impartirá un obradoiro de lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. O lettering tamén ten o obxectivo de descubrir o desenvolvemento creativo, ademáis de favorecer a concentración e a relaxación.
Este obradoiro está inserido no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito e está destinado a nenos/as e mozos/as de 5º e 6º de CEIP de Santa María do Valadouro e os catro cursos do IES Alfoz-Valadouro de xeito prioritario.
Debuxar Letras desenvólvese o venres 25 de outubro a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura do Concello do Valadouro e ten prazas limitadas. Deben inscribirse os...
leer másO mago Charly Braun actuará na Casa da Cultura do Valadouro este venres, día 18 de outubro, ás 19:00 horas.
O Concello do Valadouro anuncia que “este venres, 18 de outubro, é unha data máxica: Maxia pola Igualdade, onde o gran mago Charly Braun ten como obxectivo visibilizar a través da Maxia que calquera persoa é capaz de facer o que se propoña, sexa home ou muller. Esta é unha actividade de Ler Conta Moito, o programa de dinamización das Bibliotecas da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Valadouro. Maxia pola Igualdade é un espectáculo para todos os públicos”.