O Valadouro
A agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, actuará na Praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, este domingo, día 1 de setembro, ás 20:00 horas.
O Concello do Valadouro anuncia: “durante moitos anos Cantigas e Agarimos recolle pezas de canto e baile tradicional por toda Galicia que, nesta edición grazas ó programa da Xunta de Galicia denominado Danza 3, poderemos disfrutar en directo na Praza de Santa María”.
A trixésimo oitava edición da Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celebrarase desde o día 31 de agosto, sábado, ata o 6 de setembro, venres, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, con entrada de balde. Todas as representacións serán ás 22:00 horas.
O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con grupos de fóra e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo noutras citas que coordina a Concellería de Cultura do Concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia”.
O día 31 de agosto o grupo da...
leer másA Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza unha festa para clausurar a tempada de verán da piscina municipal. Será este sábado, 31 de agosto de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre.
No evento os participantes poderán gozar de tobogán acuático e de animación musical con DJ.
Ferreira do Valadouro celebra as Festas do 8, que terán lugar o 6, 7, 8 e 9 de setembro e que prometen ser unha cita inesquecible.
O venres, 6 de setembro, a partir das 23:00 horas, darán comezo as festas co pregón a cargo de Ángeles Romero, seguido dunha gran verbena amenizada polo Grupo Puzzle.
O sábado 7 a festa continúa a partir das 14:30 horas cunha sesión vermú na que actuará o Grupo Fusión Latina. Ás 23:30 horas, a diversión proseguirá coa gran verbena a cargo da Orquestra Foliada, que animará a noite.
O domingo, 8 de setembro, ás 12:00 horas, terá lugar a tradicional misa solemne. Entre as 13:00 e as 14:00 horas os asistentes poderán gozar da actuación da Asociación Cultural Amado Lar. A sesión vermú estará amenizada polo Grupo Montreal, e a partir das 23:30 horas a verbena...
leer másDesde Trípode explican: “estamos de volta! De novo a comedia, de novo a reflexión sobre os escenarios. De novo na Casa da Cultura do Valadouro, que tan fermosos momentos nos fixo vivir. De novo na tradicional e popular Semana do Teatro de inicios de setembro. Os de Trípode estamos de estrea, mais non estreamos zapatos nin chaqueta, senón unha nova representación teatral, A presa, unha historia baseada en feitos e en sentimentos reais: cando a modernidade destrúe a sinxeleza e a fermosura do natural, non é boa. A veciñanza de Fontefría loita contra o proxecto dun encoro descomunal que asolagará a súa aldea e a súa felicidade”.
A estrea de “A presa” será o domingo, 1 de setembro, ás 22:00 horas.
E engaden “esperamos contar coa túa compañía para rir e pensar xuntos. Grazas ao concello do Valadouro por apoiarnos e...
leer másA XXXIV Mostra Folclórica do Valadouro celebrarase o próximo 1 de setembro de 2024 ás 19:00 horas na praza de Santa María.
O evento contará coa participación de dous grupos folclóricos destacados: Cantigas e Agarimos, procedente de Santiago de Compostela, e a Asociación Cultural Amado Lar, do propio Valadouro.
Esta mostra é unha oportunidade única para gozar do mellor folclore galego nun ambiente festivo e cheo de tradición. O evento, organizado por Amado Lar, conta coa colaboración do Concello do Valadouro.
Trátase dunha iniciativa deseñada para fomentar o consumo de produtos do mar galegos, impulsar a súa venda e poñer en valor o traballo que realizan os profesionais da pesca e do marisqueo na nosa comunidade.
Galicia Sabe a Mar estará na Praza de Santa María do Valadouro o vindeiro 15 de agosto entre as 16:00 e as 21:00 horas e o 18 de agosto diante da igrexa de Riotorto de 12 a 15 horas e na praza do Concello de 19:00 a 21:00 horas. As degustacións serán de balde e están dirixidas a todas as persoas que desexen coñecer máis sobre os produtos do mar galegos e o seu sabor.
Con esta iniciativa, a Xunta busca concienciar á poboación sobre a importancia de consumir produtos do mar locais, non só polo seu sabor e calidade, senón tamén polo impacto positivo que ten na economía e no mantemento do noso medio mariño.
... leer másFerreira do Valadouro acollerá unha lectura dramatizada de “Danza da mentira”, de Xesús Pisón, a cargo de Manuel Lourenzo e Inma Orol. Tamén haberá un coloquio e da presentación encargarase Lionel Rexes. Será este sábado, día 10 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa do Concello do Valadouro, 1º andar.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.
A Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza o II Día da Bicicleta, que se desenvolverá o 17 de agosto.
A saída está prevista para as 17:00 horas A recepción de inscritos e de camisetas de 16:00 a 17:00 horas.
Haberá unha ruta familiar, para nen@s menores de 12 anos, acompañados dun adulto responsable.
Desde a Delegación de Deportes explican: “local social Concepción Arenal (antigo Matadoiro) e explanada para a saída da ruta. Avituallamento a metade de ruta. Sorteo de material deportivo ao final da Ruta”.
Inscrición previa nas oficinas da Casa da Cultura de 9:00 a 13:30 ata o venres 16 de agosto.
A piscina municipal do Valadouro ofrece curso de natación de balde para todos @s usuari@s os venres 2 e 9 de agosto de 12:15 a 14:00 horas e de
16:30 a 18:30 horas.
Esta actividade, con entrada libre, é unha iniciativa da Concellería de Deportes do Concello do Valadouro.












