hóckey liña
Ribadeo acollerá varios partidos das ligas Prebenxamín e Hobby Hockey este domingo, día 1 de marzo. Serán no Pavillón de Deportes.
O primeiro partido terá lugar ás 10 a mañá e o último ás 17:40 horas. Nos encontros de Prebenxamín participan: Meigas, Alquimia, Trasnos, Brigantium e Lóstregos. E na liga Hobby Hockey mediranse Trasnos, Lóstregos e Alquimia.
Organiza o Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración de Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Área de Deportes da Deputación de Lugo, Acisa Ribadeo, Ibakari, Mel do Rego da Xeada, Rego de Fornea, El Bosque de Mayra e Xardinería Daniel Ovide.
Ribadeo acollerá este domingo, 23 de marzo, unha xornada la liga benxamín de hóckey liña. A xornada estenderase desde as 11:00 da maña ata as 17:00 horas.
Na cita, que terá lugar no pavillón municipal, participarán equipos de A Coruña, Lugo e Xixón.
O pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño, de Ribadeo, acolle este domingo, 24 de novembro, desde as 11 da mañá dúas xornadas da Liga Regular Prebenxamín de hóckey liña.
Na cita participarán equipos chegados da Coruña, de Lugo e de Ourense. No pavillón mediranse os Rollers, os Tiburóns, os Lóstregos, Meigas e Brigantiums e os Trasnos, de Ribadeo.
O evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Federación Galega de Patinaxe, Deporte Galego e Xunta de Galicia.





