O Valadouro
Durante a fin de semana do 28 e 29 de agosto O Valadouro acollerá as xornadas gastronómicas da carne de poldro en colaboración coa Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega.
O Concello de O Valadouro anuncia que os interesados en degustar este manxar poderán facelo nos locais de hostalería de Ferreira do Valadouro, onde ofrecerán tapas gratuítas eses dous días.
A carne de poldro galego 100% raza autóctona é un produto baixo en graxa, alto en proteínas e moi rico en ferro. O consumo de carne de poldro recoméndase para toda a poboación e en especial para aquelas persoas que, ben sexa pola súa situación (embarazo, anemia) ou pola súa actividade diaria (deportistas) necesiten dunha alimentación altamente nutritiva.
Todos os poldros co selo de calidade 100% Raza Autóctona Cabalo de...
leer másContinua o programa Cultura na Rúa cargado de actuacións para as noites de agosto: cinema, teatro e música, daranse cita na Praza Santa María.
O 7 de agosto ás 20:30 horas Teatro Ghazafelhos representará “A illa sen tesouro”.
O día 14 tamén ás oito e media da tarde haberá pasarrúas e concerto tradicional-popular coa Asociación Cultural O Arca da Vella e a ADM Dambara.
O 21 de agosto ás 20:30 horas nova cita co teatro familiar. Nesta ocasión Pérez&Fernández porán en escena “Picnic”.
E o día 28 haberá Cine na Rúa ás dez da noite coa proxección da película “Lo nunca visto”.
Recoméndase a inscrición previa no 982571516 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas.
Entre o 28 de xullo e o 13 de agosto a Casa da Cultura do Valadouro acollerá a exposición itinerante do Proxecto Life in Common Land, unha iniciativa de carácter demostrativo e colaborativo centrado na conservación dos hábitats de turbeira e matorrais húmidos atlánticos da Serra do Xistral.
A exposición consta de 13 paneis que permiten ao visitante coñecer a biodiversidade da ZEC Serra do Xistral, e entender a importancia das turbeiras e brezais húmidos e do mantemento das actividades tradicionais para a súa conservación.
Ademáis, pretende dar visibilidade á figura dos Montes Veciñais en Man Común e aos servizos ecosistémicos que a Serra do Xistral aporta á sociedade. Todo isto, acompañado do resumen das accións que se están desenvolvendo no proxecto Life in Common Land.
A exposición...
leer másVolve o programa Cultura na Rúa, cargado de actuacións para as noites de verán: cinema, teatro, música, humor e maxia daranse cita na Praza Santa María, de Ferreira do Valadouro.
Este sábado, 17 de xullo, ás 20:30 horas haberá un concerto da Asociación Acordeonistas da Mariña. Para o día 24 á mesma hora está programado un espectáculo de música e clown titulado Con fusión a cargo de Piscore. O domingo 25, tamén ás 20:30 horas, Fantoches Baj representará unha obra de monicreques titulada Os novos lobos. Ese mesmo día ás 22:30 horas proxectarase a película Cuñados. E o sábado 31 o mago David Méndez ofrecerá o espectáculo Maxia de aquí e acolá.
Para asistir a esta programación recoméndase a inscrición previa no teléfono 982.57.15.16 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Para a película Cuñados é necesario retirar...
leer másEl hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, celebrará su décimo tercer cumpleaños este domingo, día 4, con una sesión vermú que será amenizada por el dúo Zafiro. El aforo es limitado.
La directora del establecimiento, María Hermida, hace un balance positivo de esta andadura: “hemos vivido momentos muy buenos en estos 13 años y el último con la llegada de la pandemia del covid ha sido duro porque nos vimos en la obligación de estar cerrados durante 8 meses. Pero volvimos con energías renovadas y con el objetivo de seguir haciendo nuestro trabajo de la mejor forma posible”.
Hermida explica que “las expectativas para este verano son buenas. Ojalá se cumplan todas las previsiones y podamos trabajar duro”. Y recuerda que “en el Vila do Val contamos con servicio de hotel, restaurante, cafetería y terraza, donde...
leer másO Concello do Valadouro organiza unha nova edición do seu Ludiverán. Será do 5 de xullo ao 31 de agosto. As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2017 e terán lugar entre as dez da mañá e a unha do mediodía.
Terán preferencia, sempre por rigorosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 25 de xuño. Desde o Concello recomendan que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica ou e-mail cultura@valadouro.gal). Se non fose posible farase en persoa nas oficinas da Casa da Cultura con cita previa no 982571516 ext.1 de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres.
Bases e modelo para a solicitude https://bit.ly/3zzWH8F
O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro Os Trocos, de Castro de Rei, presenta “Por un puñado de Grelos”, de Guillermo Cancelo.
A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Coméntase en Xustás Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os...
leer másEl hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, reabre sus puertas el próximo 1 de junio. Y lo hace tras 8 meses de cierre debido a la incertidumbre causada por el covid-19.
La directora de la instalación, María Hermida, asegura que “volvemos con energías renovadas y con el objetivo de seguir haciendo nuestro trabajo de la mejor forma posible. Esperamos que podamos trabajar más y mejor a lo largo de los próximos meses, porque el último año ha sido muy duro para los sectores hotelero y de la restauración”.
María Hermida señala que “en el Vila do Val contaremos con servicio de hotel, restaurante, cafetería y terraza, donde combinaremos picoteos, vermús y cócteles con una carta de raciones de productos de temporada y típicos de la zona”.
Y añade que “quienes busquen relax y tranquilidad en...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acolle unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas o luns 17 de maio ás 19:00 horas.
En primeiro lugar Lionel Rexes falará sobre a vida e obra de Xela Arias e despois haberá unha representación titulada Sentido Común, con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.
O Concello do Valadouro destaca que “a Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias, unha voz singular, transgresora e comprometida, como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos”.
O Concello de O Valadouro colabora na organización dun casting para seleccionar actores de O Valadouro, Alfoz e Ourol para un filme que se rodará na Serra do Xistral.
Os perfís que se buscan son dous homes de entre 35 e 45 anos e un home entre 45 e 60 anos. Non é necesaria experiencia previa na interpretación, requírese estar libre durante dez días para a rodaxe, nos meses de novembro e decembro deste 2021, e para os ensaios. A participación no filme será remunerada.
Para participar é preciso inscribirse antes do venres, 7 de maio, en probascine@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 633 61 64 99, indicando os datos de contacto e adxuntando unha foto recente.
O casting realizarase tomando todas as medidas hixiénicas pertinentes e terá lugar o...
leer más