O Valadouro
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza un evento en memoria do actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, recentemente falecido. Será este sábado, día 23 de agosto, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Valadouro.
Nesta actividade, titulada Acto de gratitude a Manuel Lourenzo, haberá un relatorio de Xesús Pisón; lecturas dramatizadas a cargo de Santiago Fernández, Inma Orol, Daniel Otero, Sabela Quirós, Helena Cornide e Moncho da Lomba; e actuacións musicais de Miro Casabella, Ugia Pedreira e Mano Panforreteiro.
Ademais o Seminario de Estudos do Valadouro vai enviar nos próximos días ás bibliotecas municipais da Mariña e ás asociacións culturais, así como a outros organismos e institucións galegas, a colección de Cadernos que leva publicados desde a súa creación no...
leer másOs Concellos de Alfoz e O Valadouro veñen de asinar un convenio de colaboración para levar a cabo a actividade Noites de Campamento, dirixida á mocidade de 13 a 17 anos e que se desenvolverá do 26 ao 28 de agosto no entorno do CEIP Castro de Ouro (Alfoz).
Os organizadores explican que “esta iniciativa busca ofrecer unha experiencia única de convivencia, ocio e aprendizaxe en plena natureza, con actividades pensadas para fomentar a cooperación, a creatividade e o tempo libre saudable”.
As inscricións estarán abertas do 11 ao 18 de agosto en cada concello. Cada municipio contará con 15 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán anotarse a través da sede electrónica do seu concello ou de forma presencial nas oficinas de rexistro.
Con esta...
leer másA parroquia de Vilacampa, no concello do Valadouro celebra a festa na honra a Santo Domingo e feira de gando anual o luns 4 de agosto
As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Lume, que tamén actuará de 19:00 a 22:00 horas.
Entregarán premios para os lotes máis numerosos de gando vacún e cabalar, para as mellores vacas e para os mellores cabalos ou bestas.
Haberá degustación gratuíta de produtos elaborados con porco celta.
O recinto estará cuberto con carpa.
O Concello do Valadouro anuncia que a presentación oficial da última edición ampliada de Contos do Valadouro será este venres, día 1 de agosto, ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
Esta é unha edición ampliada con algo máis de medio cento de contos e historias con respecto a edicións anteriores.
Moderará o acto Lionel Rexes, que estará acompañado por un dos autores e recolectores de contos e historias do Val do Ouro, Xesús Pisón. Acompañará o musicólogo Mano Panforreteiro, que interpretará varias pezas musicais durante a lectura dos contos.
A entrada é de balde.
A Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro acolle ata o día 4 de xullo, venres, a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro, mostra itinerante que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro.
A exposición foi inaugurada polo alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela; o técnico de Cultura, Juan Novás; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.
A parroquia de Alaxe, no concello do Valadouro, celebrará a festa na honra a San Xoán este domingo, día 22 de xuño.
As actividades comezarán ás 13:00 horas coa misa e a procesión, seguidamente empezará a sesión vermú amenizada polo acordeonista Adrián Fernández. A partir das 14:30 horas haberá unha comida popular e desde as 19:30 horas actuará a orquestra Metrópolis e a continuación Pili Pampín y su banda.
O recinto da festa está cuberto con carpa.
A Mostra Cativa do Valadouro celebrarase este domingo, 22 de xuño, coa participación de tres grupos folclóricos infantís: os da asociación Amigos da Gaita, de Ribadeo; Osorio Gutiérrez, de Lourenzá; e o anfitrión e organizador, que é Amado Lar, do Valadouro. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura.
“Agardámosvos a todos para disfrutar das actuacións que nos teñen preparadas os máis cativos”, anuncia a Asociación Cultural Amado Lar.
A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada en Ferreira do Valadouro. Será este sábado, día 21 de xuño, a partir das 21:30 horas na explanada diante do matadoiro, ao carón do parque.
“O sábado 21 de xuño a partir das nove e media da tarde faremos unha sardiñada gratis para tódolos veciños do Val para celebrar o San Xoán. Haberá empanada de bonito, sardiñas, patacas, pan, viño, auga,… E, como somos moito da música e pasalo ben, tamén haberá música co DJ Conxuro. Contamos con carpa, mesas e sillas,… E ,como non, tamén faremos unha fogueira para protexernos dos malos espíritos”, anuncia o colectivo organizador.
Os Concellos de Alfoz e O Valadouro organizan unha excursión ás instalacións do Laberinto de Rinlo, no concello de Ribadeo, para o día 27 de xuño, venres.
É unha actividade para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade. As prazas son limitadas (por orde de inscrición) e o prazo para anotarse remata o 23 de xuño.
O Concello do Valadouro organiza o programa Ludiverán, con actividades orientadas a rapaces e rapazas nacidos entre o ano 2013 e o 2021. Desenvolverase do día 30 de xuño ó 29 de agosto desde ás 9:00 ata as 14:00horas.
As inscricións poden facerse ata o 18 de xuño por medios telemáticos (sede electrónica), nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas Xerais do Concello.