
A Aula Universitaria da UNED en Foz presenta a súa programación de extensión universitaria para o mes de xuño de 2026, cunha actividade centrada no benestar físico e social. A proposta, titulada Pilates e brunch, desenvolverase o día 14 de xuño de 11:00 a 13:00 horas. “Incluirá unha sesión de 60 minutos de pilates, enfocada na activación muscular e a relaxación, seguida dun brunch post-adestramento. Estará guiada por Aurea Díaz López, fisioterapeuta especializada en solo pélvico”, explica a Aula da UNED en Foz.
As inscricións poden realizarse a través da web da UNED, presencialmente na Aula Universitaria de Foz ou nos teléfonos 982.133.699 e 604.034.549, así como no correo foz@lugo.uned.es.
A concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou: “pechamos a programación cunha proposta centrada no coidado persoal e no encontro social”.
Desde a Aula tamén se agradece a participación ao longo do curso. A coordinadora, Marta Muiña Rodríguez, sinalou: “queremos dar as grazas a todas as persoas participantes e desexar moita sorte ao alumnado nos exames finais destas semanas”.
Desde a Aula Universitaria da UNED de Foz anímase á cidadanía a participar nesta proposta, “reafirmando o seu compromiso coa formación continua”.
A Aula permanece dispoñible para ofrecer información e resolver dúbidas a quen estea a considerar realizar estudos a distancia, a través dos canais de contacto indicados.


