O 13 de marzo terá lugar en Ourol un taller de musicoterapia para promover o benestar físico, mental e emocional

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vai a levar a cabo un Taller de Musicoterapia co obxectivo de promover o benestar físico, mental e emocional a través da música. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o vindeiro 13 de marzo (mércores) ás 16:30 horas.

Todas aquelas persoas que desexen participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello nos teléfonos 982559109/677489457 ou directamente a través do seguinte enlace da páxina web da Escola Galega de Saude para Cidadáns https://extranet.sergas.es/.../ListadoActividadesCidadans...