En Foz será presentado o 27 de outubro o libro "Castelao. Plástica e Pensamento", de Suso Piñeiro. Organiza: Pomba do Arco.

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro 27 de outubro ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz a presentación do libro de Suso Piñeiro “Castelao. Plástica e pensamento”
 
O traballo de Piñeiro representa un percorrido pola obra artística do primeiro Castelao, concretamente entre 1903-1916, un período de aprendizaxe e lanzamento público do ilustre artista, escritor e político de Rianxo.